Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 23.04.2018 Actualizado 13:56
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Familiares e amigos despiden a Diana Quer no velorio antes do seu enterro en Pozuelo de Alarcón

MADRID/SANTIAGO. EP  | 11.01.2018 
A- A+

Familiares, amigos, compañeiros e achegados despediron na mañá deste xoves a Diana Quer nun velorio ao seu corpo celebrado no tanatorio 'La Paz' de Tres Cantos, horas antes do enterro, previsto par esta tarde na localidade onde vivía, Pozuelo de Alarcón.

Até a sala 17 do tanatorio chegaron durante a mañá decenas de parentes e amigos da moza, cuxo cadáver chegou a Madrid após a autopsia forense realizada en Galicia, onde desapareceu e foi asasinada en agosto de 2016. Os pais pediron aos medios de comunicación que respecten a intimidade do funeral.

"Están todos moi mal, esnaquizados. É unha situación moi atípica, os pais estiveron cunha incerteza tremenda. A nena descansa por fin, e agora teñen que partir de cero. Foron moitos meses e moi difícil. Era unha nena moi boa, un anxo, especial, tímida, moi unida á familia", dixo aos medios unha familiar á saída.

Os parentes levaron un collage con fotografías da familia de hai uns anos, mentres que os amigos achegáronse con peluches e flores. "Neste día non hai palabras para describir o que unha persona sente. Non saben o dano que fan ás familias. É tremendo", manifestaron aos medios algúns amigos.

Tamén aseguraron sentirse moi afectados os seus compañeiros do instituto público Arquitecto Ventura Rodríguez de Pozuelo de Alarcón. "É algo que o ves moito pola tele, pero non esperas que pase, nun ambiente tan próximo aquí e impacta bastante. Non tiña ningunha culpa", sinalaron algúns deles en declaracións a Telemadrid.

O propio centro educativo quixo renderlle homenaxe cunha mensaxe colgada na páxina web. "Diana, os teus profesores, compañeiros de clase e todo o persoal do instituto lembrámoste. Sempre serás parte deste centro", indican. O instituto tamén acompaña no sentimento á familia e amigos da moza asasinada.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS