Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Xoves 30.10.2014  | Actualizado 01.00

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Farmacéuticos galegos rexeitan medidas "que propicien desigualdade"

Ven "máis xusto" o pagamento en función da renda

SANTIAGO. EP  | 19.04.2012 
A- A+

Os farmacéuticos galegos rexeitan medidas no marco da prestación farmacéutica "que propicien desigualdade" e consideran "máis xusto" que en lugar de que os "grupos máis vulnerables" teñan que aboar un 10 por cento máis dos medicamentos que se baralle outra opción "máis xusta", como o pagamento "en función da renda".

Así, a presidenta do Colexio de Farmacéuticos de Lugo, Ana Prieto, considera "inxusto" o copagamento farmacéutico proposto polo Goberno polo que os pensionistas pasarían a pagar o 10 por cento dos fármacos mentres que os traballadores activos, pagarían a metade do prezo dos medicamentos en lugar do 40% actual.

"Dende as farmacias, que é un punto sanitario accesible á poboación, estamos a asistir en primeira persoa, no mostrador, ao drama de moitas familias que a crise económica tocou de preto,", manifestou Prieto. "Nós pedimos ás autoridades sanitarias que non se implanten medidas que propicien desigualdade e que prexudiquen os pacientes máis vulnerables", apostilou.

Por iso, ve esta nova medida "inxusta", ao interpretar que "o peso de nova achega se cargará sobre persoas con menos renda, como son a maioría dos pensionistas e moitos traballadores españois".

A presidenta do Colexio de Farmacéuticos de Lugo esgrime que "o medicamento é un ben sanitario, non é un ben de consumo e os farmacéuticos cremos nunha sanidade universal, equitativa e gratuíta".

Nesta liña, a súa homóloga do Colexio de Farmacéuticos de A Coruña, Rosa Lendoiro, sinalou, en declaracións a Europa Press, que "se hai que tomar unha medida debería ser o máis xusta posible". Neste sentido, indicou que "o pagamento en función da renda sería máis xusto" que o feito de que os pensionistas pasen a aboar o 10 por cento dos fármacos e que se aumente o custo para os "grupos máis vulnerables".

PODER ADQUISITIVO

Non obstante, Lendoiro aclarou que, ata o momento, "ninguén" os informou de novas medidas. "Se se toma algunha debería ser porque non hai opción e que fóra o máis xusta", aseverou, en relación a que o pagamento vaia "unido ao poder adquisitivo do cidadán", asegurando "a sostenibilidade do sistema sanitario".

Pola súa banda, o presidente do Colexio de Farmacéuticos de Ourense, Vicente Jairo Álvarez Fernández, apelou, en declaracións a Europa Press, á "cautela" á espera de que se confirme cál será a medida a adoptar.

Non obstante, avanzou que se se aplica o pagamento do 10 por cento aos pensionistas "sería inxusto" porque "hai xente" con pensións moi baixas". "A ver como van articular o sistema", agregou.

Por outro lado, Álvarez Fernández eloxiou a proposta de poñer en marcha unha tarxeta sanitaria única para toda España. "Paréceme empezar moi ben", sentenciou.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS