Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 22.07.2019 Actualizado 13:26
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Feijóo, "absolutamente convencido" de que "non haberá un só alcalde" de Ciudadanos nin Vox en Galicia

BAIONA (PONTEVEDRA). EP  | 13.05.2019 
A- A+

O presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, mostrouse este domingo "absolutamente convencido" de que, tras as eleccións municipais do 26 de maio, "non haberá un só alcalde" nin de Ciudadanos nin de Vox en Galicia.

Durante un mitin en Baiona (Pontevedra), o líder dos populares galegos tamén dixo estar seguro da "remontada" do seu partido despois do desastre electoral dos comicios xerais. Neste sentido, achacou esta derrota ao "erro" de "dividir" o voto do centro dereita.

Segundo asegurou Feijóo, o presidente do Goberno e secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, "riu" na noite do 28 de abril: "Non conseguira un bo resultado, conseguira dividir o voto do centro e da dereita". "O que prefira un goberno do PP a un goberno tripartito ou cuadripartito, que vote ao PP", expresou.

A axenda electoral do presidente do PP de Galicia levoulle este domingo a Baiona, onde até 2015 era rexedor o actual conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, quen tamén participou no mitin para arroupar ao seu primo, Ángel Rodal Almuiña, que tratará de renovar a súa Alcaldía.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS