Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 22.03.2019 Actualizado 12:48
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Feijóo afea ao Goberno a decisión "unilateral", que afecta a 5.000 empregos

Tacha de "falta de respecto sen precedentes" que o Executivo central "non" lle comunicase a súa postura e avisa: "Imos defender ás familias"

SANTIAGO. EP  | 14.03.2019 
A- A+

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, criticou a decisión "unilateral" do Goberno central de non continuar defendendo ante a Audiencia Nacional a prórroga da concesión de Ence na ría de Pontevedra, outorgada polo Executivo en funcións de Mariano Rajoy en xaneiro de 2016.

Na rolda de prensa posterior á reunión semanal co seu Goberno, o presidente galego alertou de que esa decisión podería deixar sen traballo a 5.000 persoas e "sen ingresos" a 80.000 familias galegas.

"Esa decisión non foi comunicada á Comunidade Autónoma. Desa presunta decisión non tivemos ningunha información nin directa nin indirecta", esgrimiu, o que tachou de "falta de respecto sen precedentes ao Goberno de Galicia".

Por iso, Feijóo pediu que o Executivo central "aclare" este asunto "coa maior celeridade posible" e diga "cal é a súa alternativa". "Se isto vai en serio, teño que dicirlle ao Goberno que imos defender ás 80.000 familias galegas e os 5.000 postos de traballo, e ímolos defender con todas as competencias que temos", advertiu.

E é que, tal e como indicou, a Comunidade galega é "a principal potencia madeireira de España", coa cota do "50 por cento" da industria, polo cal a Feijóo lle "custa crer" que a decisión de non apoiar a prórroga sexa "irrevogable".

O PSOE "TÓMASE A BROMA O PAÍS"
Ademais, criticou que o PSdeG leva este mércores ao pleno do Parlamento galego unha proposta para que Galicia adquira máis competencias mentres este xoves o Goberno de Pedro Sánchez adopte esta decisión con respecto a Ence.

"É evidente que o Partido Socialista se toma a broma o país", sentenciou, cargando tamén contra a política industrial de "as mareas de Podemos" por apoiar o peche da planta de Lourizán.

Así mesmo, Feijóo aproveitou para denunciar que o "problema" do peche da planta de Alcoa na Coruña se debe ás "decisións enerxéticas" do "mesmo Ministerio" --o de Industria, dirixido por Reyes Maroto-- que agora "quere pechar" esta planta que supón "case o 50% da actividade forestal de Galicia".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS