Hemeroteca web | RSS  RSS     Mércores 18.10.2017 Actualizado 21:16
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Feijóo avala que Rajoy "fale claro" fronte un "engano chafalleiro": "Non hai interese en dialogar, é unha chantaxe"

SANTIAGO. EP  | 12.10.2017 
A- A+

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cargou este mércores co "engano continuado e chafalleiro" que, ao seu xuízo, ratificou na pasada xornada o seu homólogo catalán, Carles Puigdemont, e avalou que o xefe do Executivo estatal, Mariano Rajoy, "fale claro" e pida "claridade" antes de determinar as medidas que habería que adoptar no marco do artigo 155 da Constitución.

"Os gobernos necesitan certezas", proclamou Feijóo, ao termo da reunión semanal do seu Executivo, nunha rolda de prensa na que criticou as "chapuzas" dos responsables da Generalitat. "Se alguén cre que pode fundar unha República en base a unha chapuza non representa ao seu pobo e estao utilizando", esgrimiu.

En canto a se é partidario do diálogo ao que apelou Puigdemont, Feijóo esgrimiu que só hai que ver "o documento asinado ás costas" do pleno do Parlament para comprobar que "non hai interese en dialogar". "É unha chantaxe. De que diálogo falamos? Existe unha farsa maior que que compareza un presidente nun pleno para dicir unha cousa e despois asinar un documento no sentido contrario?", preguntouse.

Dito isto, tras subliñar que Puigedemont conseguiu non só "dividir" ao pobo catalán senón tamén "aos independentistas", incidiu nunha mensaxe que lanzou no debate de política xeral da comunidade ao sinalar que os responsables da Generalitat non anhelan "unha nación" senón "perpetuarse no poder" para "manter un negocio".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS