Hemeroteca web | RSS  RSS     Mércores 11.12.2019 Actualizado 19:33
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Feijóo chama á unión do voto de dereita, centro, reformista e liberal no PP

Encontro dos populares en Oleiros

SANTA CRUZ DE OLEIROS (A Coruña), 06/10/2019.- O presidente do PP, Pablo Casado (d), acompañado polo dirixente do partido en Galicia e presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo (esq), durante o encontro con militantes que mantiveron este domingo no concello coruñés de Oleiros. - FOTO: EFE/Cabalar
SANTA CRUZ DE OLEIROS (A Coruña), 06/10/2019.- O presidente do PP, Pablo Casado (d), acompañado polo dirixente do partido en Galicia e presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo (esq), durante o encontro con militantes que mantiveron este domingo no concello coruñés de Oleiros. - FOTO: EFE/Cabalar

A CORUÑA. EP  | 07.10.2019 
A- A+

O presidente da Xunta e lider do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, fixo un chamamento a unir e aglutinar o voto da dereita, do centro, reformista e liberal o Partido Popular nas próximas eleccións xerais.

Feijóo aludiu á "unión" do voto este domingo nun encontro dos populares en Oleiros (A Coruña), ao que tamén acudiu o candidato á Moncloa polo PP, Pablo Casado.

No plano nacional, o presidente galego destacou a figura de Casado como o candidato que "sabe perfectamente que España non é unha ponte aérea entre Madrid e Barcelona", senón que o país conforma "unha nación de 500 anos" na que son importantes "todas as súas partes".

Para conseguir este tipo de goberno, "que teña en conta a Galicia", Feijóo fixo un chamamento á "unión do voto no PP" e lembrou que as eleccións do 28 de abril revelaron que a división provoca que o PSOE se situase como a primeira forza do país.

Neste sentido, asegurou que a unión levará á "vitoria" e "unidos sairemos a gañar" na "contorna da dereita, do centro-dereita reformista e liberal" que representa e representou o PP dende Manuel Fraga a Mariano Rajoy.

CANDIDATO DO FUTURO
Por iso, agora correspóndelle a Pablo Casado "ser o candidato do futuro e da esperanza" para "volver á senda da estabilidade" que demostraron os programas do partido en etapas previas, subliñou o presidente galego.

Bo exemplo diso tamén é a Comunidade galega, que "desmente que en España non poida haber centralidade nas políticas e estabilidade no Goberno", define así Feijóo os seus 10 anos ao mando da Xunta.

Para o dos Peares, "por encima de calquera partido están os intereses de Galicia", igual que para Casado "por encima do seu partido e os seus intereses están os dos españois" e, en consecuencia, os dos galegos. Por isto, "Casado é o único dirixente nacional que apoia Galicia", apostilou o xefe da Administración autonómica.

Mentres tanto, ao seu xuízo, no lado oposto atópanse os "activistas políticos" que se preocupan máis polos "seguidores dos seus tweets" que por ser políticos "que midan as consecuencias das súas decisións". "Estamos fartos", sentenza.

SITUACIÓN DO SECTOR INDUSTRIAL

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pronunciouse este domingo sobre a situación do sector industrial galego, que está a afrontar diversos problemas en todo o territorio. Unha situación que ao seu xuízo "non é casualidade, senón causalidade" e esa "causa é o PSOE".

Así o manifestou o xefe do executivo galego este domingo en Oleiros (A Coruña) durante a súa intervención nun encontro que reuniu a diferentes representantes e simpatizantes do Partido Popular e ao seu secretario xeral a nivel nacional, Pablo Casado.

Para Feijóo, a problemática que sofren as industrias galegas --en referencia a Alcoa, Ence, Megasa, Navantia e, na máis recente actualidade, o peche inminente da central térmica das Pontes (A Coruña)--, son froito da actitude dun PSOE, que "nunca creu en Galicia".

Con todo, ao seu xuízo, o Goberno de Sánchez non só é a causa do "desmantelamento" do tecido industrial que sofre Galicia, senón tamén da desaceleración económica, a "asfixia financeira", do feito de que se fale de "aumento do desemprego en lugar de paro" e, sobre todo, da repetición dunhas novas eleccións.

Ante esta situación, dende a súa posición, Feijóo aparece como o adaíl da "defensa" da Comunidade galega a través do razoamento, as propostas e o diálogo para "manter o que xa existe e ensanchar as posibilidades de futuro".

RECLAMACIÓNS PARA GALICIA
"Galicia necesita políticas e gobernos solventes", "estamos nunha situación de incomodidade", proclamou Feijóo á vez que aseverou que non quere "alarmar pero tampouco ocultar" as "incertezas" que creou o Goberno de Sánchez, durante o que "a única certeza foi a incerteza permanente e a inestabilidade".

Como representante da Comunidade, Feijóo volveu a reclamar os 700 millóns de euros que o Estado debe ás autonomías: "non pedimos máis pero non aceptamos unha rebaixa porque si".

Tamén rememorou a "baixada dos investimentos en Galicia" que presentaba Pedro Sánchez na proposta de Orzamentos Xerais de 2019, a "incerteza" sobre os prazos de finalización da AVE ou a negativa sobre a transferencia da AP-9.

Para o presidente do Goberno galego tamén urxe dar unha resposta ás comarcas que se ven afectadas polo peche das grandes industrias. No caso da central das Pontes (A Coruña), asegura que non se trata de "queimar carbón de forma indiscriminada", senón de "pedir un prazo" para evitar o peche inmediato que provocaría o fin "dunha central pero tamén do pobo das Pontes".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS