Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 15.11.2018 Actualizado 14:21
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Feijóo demandará ao Goberno unha tarifa eléctrica "estable" para empresas como Alcoa

Tería unha interrumpibilidade de "como mínimo cinco anos"

SANTIAGO. EP  | 07.11.2018 
A- A+

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou este mércores que exporá ao Goberno unha proposta "concreta" que consiste no impulso dunha tarifa "estable" con interrumpibilidade de "como mínimo cinco anos". "Se non hai un marco minimamente estable, as empresas electrointensivas teñen moitas coartadas para irse de Galicia e de España", advertiu.

Feijóo anticipou esta formulación un día antes de desprazarse a Madrid, xunto co presidente do Principado de Asturias, Javier Fernández, para manter un encontro coas ministras de Industria e Transición Ecolóxica, Reyes Maroto e Teresa Ribera, respectivamente, para analizar que actuacións se poden levar a cabo para evitar o peche das factorías de Alcoa en Avilés e A Coruña.

"Non cambiarei de opinión. Non o fixen co PP e non o farei co PSOE. Defenderemos a resolución aprobada por unanimidade neste Parlamento; hai que expor a Alcoa que ten que retirar o expediente de extinción de emprego e o Goberno debe activar unha tarifa estable", proclamou, en resposta á nacionalista Ana Pontón, quen proclamou que o BNG está "en pé de guerra" á beira dos traballadores.

Precisamente, traballadores da factoría coruñesa seguiron desde a tribuna do hemiciclo un debate no que Ana Pontón instou a Feijóo a aclarar que fará se finalmente a multinacional do aluminio non retira o expediente de extinción, á vez que fixo unha proposta: o seu "rescate" público.

"Con Alcoa ou sen Alcoa, a produción e o emprego debe seguir na Coruña. A través da SEPI pódese realizar o rescate da fábrica para garantir o emprego. É unha proposta legal, necesaria e que debería defender na súa reunión coas ministras", instou Pontón.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS