Hemeroteca web
|
RSS
Sábado 18.05.2013
| Actualizado 11.27
críticas da oposición
Feijóo desvincula a súa viaxe a Latinoamérica da actividade partidista
Destaca o seu "alto contido económico"
SANTIAGO. EP | 03.07.2012
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, desvinculou a visita institucional que prevé realizar este mes a varios países de Latinoamérica da "actividade partidista" e, fronte ás críticas da oposición, que lle esixen que non gaste fondos públicos "nunha viaxe electoral", resaltou que este terá "un alto contido económico e comercial".
"A viaxe ten un alto contido comercial e económico e non ten nada que ver cos partidos nin coa actividade política, senón coa puramente económica e institucional", defendeu o máximo mandatario galego, quen instou á oposición a estar "tranquila" porque na súa viaxe "non entra" o "partidismo".
En declaracións aos medios, tras a inauguración dun curso de desenvolvemento empresarial en Santiago, proclamou que é "o primeiro presidente da Xunta de Galicia que cando vai dar un mitin ou participa nunha actividade política do seu partido" impide que a Administración autonómica "financie un euro" e asegurou que seguirá fiel a este "compromiso".
"É unha proposta que fixen na oposición, levo tres anos e medios cumpríndoa e seguirei facéndoo. Ese é o meu compromiso", afirmou Feijóo, para engadir que "se algunha vez realiza unha viaxe en campaña será financiada con fondos do PP".
"Espero que todos cumpramos este compromiso", continuou, antes de subliñar que recibiu "críticas" por acompañar ao presidente do Goberno, Mariano Rajoy, a México --viaxe no que se anunciou o acordo con Pemex-- e que "non lle importará" que o volvan criticar "por abrir fronteiras a empresas galegas".
© 2013 www.galiciahoxe.com
Todos os dereitos reservados. Prohibida a
reprodución total ou parcial do contido sen a
expresa autorización do propietario.