Hemeroteca web
|
RSS
Domingo 19.05.2013
| Actualizado 12.21
recorda que agora non ten cargo no PP
Feijóo di que Xunta está "tranquila" sobre a investigación a Baltar
OURENSE. EP | 09.07.2012
O presidente do Executivo autonómico e do Partido Popular galego, Alberto Núñez Feijóo, manifestou que "a reacción da Xunta está clarísima" e é de "tranquilidade" ao respecto da actuación da Fiscalía anticorrupción sobre unha denuncia ao expresidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, da que informa este luns o xornal 'El País'. Ademais, recordou que o exbarón popular "agora non ten ningún cargo" no partido e que "agora non está en política".
En declaracións aos medios en Ourense, onde visitou as obras do novo edificio xudicial, o mandatario autonómico tamén se mostrou "convencido" de que se se lle piden explicacións" ao exbarón popular "tenas que dar e daraas".
Así, Feijóo manifestou que se farán "todo tipo de indagacións e todo tipo de investigación desta persoa que se dedicou á política e que agora non ten ningún cargo no partido", e insistiu no seu "convencemento" de que José Luis Baltar ofrecerá as explicacións que se lle requiran.
Segundo a información que publica 'El País', a Fiscalía anticorrupción ten no seu poder "numerosa documentación oficial" que acreditaría unha "cadea" de supostas "irregularidades" nos seus mandatos á fronte da institución provincial, que dirixiu durante 22 anos ata que se retirou este ano tomándolle relevo o seu fillo, José Manuel Baltar Blanco.
© 2013 www.galiciahoxe.com
Todos os dereitos reservados. Prohibida a
reprodución total ou parcial do contido sen a
expresa autorización do propietario.