Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 20.02.2020 Actualizado 21:12
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Feijóo evita situarse sobre o 'pin parental' pero acusa o Goberno de querer "intervir" a educación en Murcia

O presidente galego critica ao Goberno central por ser "contundente" co pin parental e "inoperante" coa "desobediencia sistemática" en Cataluña

OURENSE. EP  | 20.01.2020 
A- A+

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, evitou situarse sobre se é partidario de implantar o denominado 'pin parental' na educación galega. "Supón banalizar temas complexos e politizar e adoutrinar temas educativos", manifestou após apelar a abordar o asunto con "acougo".

Así se pronunciou o titular do Executivo autonómico nunha rolda de prensa posterior a unha reunión cos responsables de Cardiología do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, onde estivo acompañado do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña.

Alí, Feijóo criticou a "contundencia" que, di, mantén o Goberno central contra a implantación do 'pin parental' en Murcia e a súa "inoperancia" fronte á "desobediencia sistemática catalá".

O presidente galego mostrouse "sorprendido" ante a "ameaza do Executivo central de intervir a educación en Murcia" no que, para Feijóo, é un "intento de desviar a atención" ante outros problemas que denotan "falta de equidade no trato dos Gobernos autonómicos".

IMPLANTACIÓN EN GALICIA
O máximo responsable galego non quixo situarse respecto ao veto parental durante a rolda de prensa porque entende que "merece ser tratado co acougo que se precisa para delimitar as responsabilidades dos pais no ámbito educativo e dos docentes".

Deste xeito, o presidente do Goberno rexeitou "contemplar" esta cuestión porque entende que "supón banalizar temas complexos e politizar e adoutrinar temas educativos".

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS