Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 17.10.2019 Actualizado 14:56
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Feijóo ratifica que as contas de 2020 perigan e incumprirá o déficit se hai "colapso": "Non vou recortar"

Avisa do impacto do "bloqueo" de Sánchez nos municipios: "Mentres se divirten, CC.AA. e concellos mantemos as paredes do Estado"

SANTIAGO. EP  | 12.09.2019 
A- A+

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ratificou que, aínda que a instrución que deu ao seu equipo é continuar traballando para presentar os novos orzamentos autonómicos en tempo e forma, o "bloqueo" no ámbito estatal ponos en risco. Ao tempo, avanzou que, se hai "colapso" das facendas autonómicas, a súa prioridade será que non haxa "recortes".

Feijóo, cuxo Executivo demanda 700 millóns ao Goberno de Pedro Sánchez, defendeu que aínda queda prazo para buscar unha solución porque as Cortes están "operativas" --con tal fin remitiu unha carta e un borrador de decreto lei ao presidente do Goberno, ao que aínda "non" recibiu resposta--, pero xa avanzou que fará se esta non chega e hai eleccións en novembro.

"Cada día estamos en peor situación, cada día que pasa abocámonos a un colapso. E se colapsan as facendas autonómicas, hai que tomar unha decisión política", ratificou, tras presidir a reunión semanal da súa Ejectuvo e na liña que xa avanzou na misiva enviada a Sánchez.

Esta "decisión política" fronte ao "colapso" tería dúas "opcións", segundo explicou: o incumprimento do déficit, da regra de gasto e da débeda pública ou acometer "recortes". Neste sentido, mostrouse contundente: "Eu non vou recortar; non vou recortar o orzamento ou os servizos públicos. Vou cumprir co orzamento aprobado no Parlamento", sentenciou.

Orzamento que, precisamente, volveu a admitir que podería ter que prorrogar se non hai cambios na actitude do Goberno central e non se facilita ás comunidades datos sobre as entregas a conta. E é que, ao seu xuízo, deseñar un orzamento sen coñecer os ingresos sería tanto como articular un documento "sen rigor" algún.

Por iso, aínda que asegurou que a directriz que ratificou este mesmo xoves ao seu equipo de goberno é seguir traballando nas novas contas de 2020 -como se fai "desde xullo" na comunidade--, recoñeceu que a súa elaboración está en risco e, a día de hoxe, non pode "confirmar" que vaia a haber novos orzamentos. "Unha cousa é querer e outra poder; e nós queremos, a ver se podemos", sentenciou.

IMPACTO NAS ARCAS LOCAIS
Ademais, Feijóo alertou do impacto que a situación do financiamento e o "bloqueo" do Executivo central ten nos concellos, que cifrou "na perda duns 100 millóns de euros" nos seus orzamentos. "Eles divírtense e as comunidades e os concellos mantemos as paredes do Estado para que non se derruben", alertou.

A continuación, incidiu en que lle sorprende non escoitar "a ningún responsable" municipal queixarse dese impacto. "Parece que cando o que bloquea ás comunidades e aos concellos é o PSOE non hai queixas e se alguén levanta a bandeira da política con principios é acusado de confrontador", lamentou.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS