Hemeroteca web | RSS  RSS     Mércores 15.08.2018 Actualizado 18:37
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Feijóo reúne o sábado 17 a todos os seus representantes locais para perfilar as municipais

Tellado asegura que o PPdeG ten "mestres da política" e defende a preparación das eleccións de 2019, que son cruciais

SANTIAGO. EP  | 09.02.2018 
A- A+

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, reunirá o vindeiro sábado día 17 de febreiro a todos os representantes locais, no goberno ou na oposición, para continuar perfilando a preparación das eleccións municipais do próximo ano 2019 e intercambiar experiencias nunhas eleccións que se consideran cruciais neste momento político.

O encargado de anunciar o evento, que terá lugar en lle Multiusos do Sar, foi o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, quen explicou este venres na rolda de prensa habitual que celebrada cada semana que os populares galegos contan cunha ampla experiencia por todo o territorio que permite sacar partido neste tipo de convención.

"Somos os únicos que podemos dicir o mesmo en Ferrol, en Mos, en Mondoñedo ou en Oímbra, respectando as particularidades de cada lugar", remarcou Tellado na súa intervención, na que contrastou esta situación coa "división, patadas ou conspiración" doutras formacións políticas.

O dirixente popular, quen lembrou que contan con 1.800 cargos locais no seu partido, explicou que haberá mesas redondas nas que se darán cita representantes do catro provincias, tanto das cidades como de vilas intermedias e pequenos concellos.

Tellado asegurou que o PPdeG ten a "clave" de "como gañar as eleccións", aínda que ás veces os "pactos de perdedores" lles sitúen na oposición, e remarcou que é a "primeira forza política" e "ninguén de fóra vai a explicarlles" como se fai para situarse como partido de referencia.

"MESTRES DA POLÍTICA"
"Dentro de casa temos mestres da política", subliñou Tellado, quen dixo que son "o único partido" que pode celebrar un evento deste tipo.

Na súa intervención, destacou que "o gran valor do PPdeG" son os "miles de persoas" que o "conforman e que cren nun proxecto centrado rigoroso e de futuro para esta terra". Tellado dixo, así mesmo, que esta convención é "un bo punto de partida" para marcar obxectivos e afrontar con "ilusión" as eleccións nos 313 concellos galegos.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS