Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 21.20

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

pide responsabilidade

Feijóo rexeita o alarmismo pero chama a non malgastar nin unha gota de auga

22.02.2012  O presidente ve garantido o abastecemento nas urbes, pero detecta risco nalgunhas zonas do rural

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

SANTIAGO. EP

O xefe do Executivo autonómico, Alberto Núñez Feijóo, fixo este mércores un chamamento á "responsabilidade de todos" no uso da auga en Galicia porque a Comunidade está a vivir un episodio de seca, tras o segundo ano máis seco do último medio século --o pasado 2011--, e "non se pode malgastar unha soa gota".

"En contra da crenza popular, en Galicia non sobra unha gota de auga", sentenciou Feijóo na apertura do foro 'Aqua'12', onde rexeitou caer no "alarmismo" e alegou que case todos os encoros están nos niveis propios desta época do ano, se se ten en conta a marxe de seguridade que hai que deixar na prevención de inundacións.

Segundo explicou, isto garante que o abastecemento ás grandes cidades galegas está "garantido", aínda que algunhas zonas do rural --admitiu-- poderían estar en risco.

En calquera caso, defendeu que cubrir "os 29.000 núcleos de poboación" é o "obxectivo" da Xunta e, ante a "inusual" situación de seca, indicou que o Goberno galego "vixía" os datos e os niveis dos encoros, mentres se mantén en "permanente contacto" coas entidades locais.

Neste sentido, convencido de que un recurso "tan fundamental" como a auga debe ser regulado, administrado e protexido" o presidente sinalou que nalgún concello da Comunidade xa se iniciaron obras de emerxencia para garantir o abastecemento aos seus veciños.

SEGUNDO ANO MÁIS SECO DO ÚLTIMO MEDIO SÉCULO

Tras o acto inaugural, o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, pronunciou unha conferencia baixo o lema 'Novos retos na xestión da auga', na que tamén incidiu no episodio de seca que vive Galicia e repasou os últimos datos que, sobre este asunto, fixo públicos MeteoGalicia.

En concreto, o organismo meteorolóxico informou de que a actual situación de seca empezou coa "extraordinaria escaseza" de precipitacións en primavera e o inicio do verán de 2011. Aínda que se mellorou de forma transitoria polas chuvias de outubro e novembro, os últimos meses de decembro e xaneiro provocaron un novo empeoramento.

Ademais, no que vai de febreiro, as precipitacións tampouco foron abundantes e as previsións apuntan a un mes seco. Segundo MeteoGalicia, 2011 foi o segundo ano máis seco do último medio século --a historia da serie rexional considerada--, cunha anomalía "un 32 por cento inferior ao valor normal". Os catro anos máis secos desta serie alcanzáronse no que vai de século XXI, sendo 2007 o máis seco do último medio século.
Neste escenario, os modelos de predición estacional, tanto da axencia estadounidense (NOAA), así como a MetOffice británica, indican "unha maior probabilidade" de que as precipitacións en primavera sexan normais ou por debaixo do normal, aínda que dende MeteoGalicia avisan de que estas predicións deben tomarse "con reserva".

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS