Hemeroteca web | RSS  RSS     Sábado 22.07.2017 Actualizado 12:42
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Feijóo rexeita "mesturar" investigación xudicial e política do accidente de Angrois

Sinala, tras o cambio de postura do PSOE, que activar unha comisión política "pode atrasar" a sentenza

SANTIAGO. EP  | 11.07.2017 
A- A+

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, mantense no seu rexeitamento a "mesturar" a investigación xudicial sobre o accidente ferroviario de Angrois cunha comisión política no Congreso, ao entender que facelo "só prexudica" ás vítimas.

"Neste momento, mesturar unha investigación que realiza a Xustiza cunha investigación política só prexudica ás vítimas, non aclara nada desde o punto de vista xudicial e pode atrasar unha sentenza que estamos a esperar con moito interese", aseverou Feijóo, en declaracións aos medios tras un acto en Santiago.

Despois de que o PSOE ratificase a súa vontade de apoiar unha comisión de investigación no Congreso ante as vítimas, Feijóo apuntou que el "non" sabe por que os socialistas "cambiaron de opinión", aínda que remarcou que xa viu como o fixo previamente en Galicia.

"E agora vexo que hai novos titulares do PSOE. Parece que lle interesan máis este tipo de cuestións que dificultan a tarefa da administración xudicial, remarcou, antes de vincular este cambio con que Pedro Sánchez volva estar á fronte do PSOE.

"CLARIFICAR As CAUSAS DO ACCIDENTE"

Dito isto, reafirmouse en que "o prioritario" agora é "facer o que haxa que facer no Ministerio de Fomento para "clarificar" as causas do accidente e que a Administración xudicial "dite unha sentenza".

"E despois, se as vítimas seguen pensando que era necesario unha investigación política, non debería haber problema", aseverou o xefe do Executivo, quen xa manifestou en varias ocasións a súa disposición a investigar politicamente o sinistro unha vez que haxa sentenza.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS