Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 16.08.2019 Actualizado 13:34
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Feijóo ve "dificultades" de "lexitimación" para que a Xunta se sume a causa do Pazo de Meirás

Considera que a acción xudicial iniciada polo Goberno cumpre a "vontade expresada" polo Parlamento de Galicia

SANTIAGO. EP  | 11.07.2019 
A- A+

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, celebrou que o Goberno de España "coincida cos criterios" do Executivo galego e reclame pola vía xudicial a propiedade do Pazo de Meirás e advirte de que hai "dificultades" de "legitimación" para que a Administración autonómica se sume a causa.

"Pensabamos e seguimos pensando que hai causa para reclamar xudicialmente a propiedade en beneficio público do Pazo de Meirás", asegurou na rolda de prensa posterior á reunión do Consello da Xunta.

Preguntado pola decisión do Estado de querellarse contra os Franco pola propiedade deste inmoble, Feijóo lembrou que a Xunta, que "traballa desde hai meses" neste asunto, "pronunciouse a favor da reclamación legal" por "razóns legais, non políticas". "Porque entendemos que ese pazo é patrimonio público", sinalou.

Ademais, considerou que a acción iniciada polo Executivo central dá cumprimento á "vontade expresada" en dúas ocasións polo Parlamento de Galicia. "É certo o que diciamos e así o notificamos ao Ministerio de Xustiza, que o ministerio podía e estaba lexitimado para iniciar a acción de reivindicación da propiedade", indicou.

"Supoño que o Ministerio de Xustiza estudou a proposta da Xunta e do Parlamento galego e parece ser, a nós non nolo comunicou, que vai activar a reclamación", manifestou para asegurar alegrarse da decisión de iniciar a vía xudicial.

"DÚBIDAS" SOBRE A "LEXITIMACIÓN"
Con todo, cuestionado polos medios se a Xunta poderase sumar a causa que se abra, expresou ter "dúbidas" de que a Administración autonómica teña "lexitimación activa" para presentarse neste preito.

Estas "dificultades" desde o punto de vista da "lexitimación activa", segundo lembrou Feijóo, foron as que, precisamente, levaron á Xunta a trasladar ao ministerio que, como "titulares do patrimonio do Estado", "fosen eles" os que iniciasen a vía xudicial.

En todo caso, subliñou que a asesoría xurídica valorará "se é posible ou non" e se, ademais da Avogacía do Estado, "pódese acudir algún letrado da Xunta".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS