Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 20.02.2020 Actualizado 21:12
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Feijóo ve "moito máis verosímil" a data do AVE que expón Bruxelas

SANTIAGO. EP  | 16.01.2020 
A- A+

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que lle parece "moito máis verosímil" a data do AVE a Galicia que pon sobre a mesa Bruxelas que "as datas enganosas" que "trata de dar o Goberno de España en todos os seus ámbitos e púlpitos".

Así o manifestou despois de transcender que o Executivo comunitario espera que o AVE a Galicia estea operativo "a partir de xaneiro de 2022", tras aprobar este xoves un investimento de 226 millóns de euros a cargo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) para o tramo Lubián-Taboadela.

Sobre esta previsión, fontes de Adif consultadas por Europa Press sosteñen que será "moito antes", aínda que deixan claro que a posta en servizo dependerá do visto e prace da Axencia Estatal de Seguridade Ferroviaria após o período de probas, mentres se mantén o ritmo de execución.

Preguntado sobre a previsión de Bruxelas, Feijóo asegurou que, "á espera de estudar ben quen di iso", a data de 2022 parécelle "moito máis verosímil" que as que dá o Goberno.

Engadiu que "coincide" cos atrasos que apunta o informe realizado polo departamento autonómico de Infraestruturas e non "cos anuncios feitos polo Goberno (central) e os seus delegados", en alusión, aínda que sen mencionalo, ao delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS