Hemeroteca web | RSS  RSS     Martes 11.12.2018 Actualizado 21:23
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

ELECCIÓNS EN ANDALUCÍA

Feijóo ve en Vox "un produto" do pacto de Sánchez co independentismo

Pide negociación para formar goberno encabezado polo PP

Feijóo con Pablo Casado en Madrid - FOTO: Efe
Feijóo con Pablo Casado en Madrid - FOTO: Efe

MADRID/SANTIAGO. EP  | 03.12.2018 
A- A+

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ve en Vox "un produto dese disparate" que foi a moción de censura pola que Pedro Sánchez é presidente do Goberno co apoio do independentismo catalán, Bildu e Podemos, e pediu negociación en Andalucía para que se forme un executivo encabezado polo PP.

En declaracións á chegada ao Comité Executivo Nacional deste partido en Madrid, e preguntado por se o asusta un pacto con Vox, respondeu que o que lle dá medo é que Andalucía quede sen goberno, dada a "inestabilidade" do Executivo de Sánchez e a inexistencia, dixo, de goberno tamén en Cataluña.

De non ser así, medraría a desconfianza na democracia "e xa os españois poden votar calquera cousa", advertiu.

Na súa opinión, o resultado da formación de ultra dereita é froito do Executivo de Sánchez, "dun Goberno de España sometido ao que digan os independentistas de Cataluña, sometido a Bildu", e tamén é un produto que o PSOE andaluz puxo "en valor" na pasada campaña electoral para tentar diminuír o voto ao PP. "É un produto, na miña opinión, basicamente da esquerda", sinalou.

Feijóo reiterou a necesidade de que as forzas que poden sumar falen para buscar unha alternativa ao goberno do PSOE, que sufriu "unha desfeita histórica". "Os andaluces merecen un goberno, votárono nas urnas, dixéronlle á esquerda que non queren que siga gobernando e hai unha opción clarísima para que haxa un goberno distinto ao que houbo desde que lembramos", concluíu.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS