Hemeroteca web | RSS  RSS     Domingo 26.04.2020 Actualizado 00:00
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

'A Feira do Cocido de Lalín' será declarada Festa de Interese Turístico Internacional

SANTIAGO. EP  | 24.01.2020 
A- A+

'A Feira do Cocido de Lalín' será recoñecida como festa de Interese Turístico Internacional en próximas datas. Así llo trasladou este xoves a secretaria de Estado de Turismo, Isabel Oliver, ao titular de Cultura, Román Rodríguez, e ao alcalde do municipio, José Crespo.

Esta distinción supón o máximo recoñecemento que se pode alcanzar neste ámbito e, neste caso, tratarase da primeira festa gastronómica en logralo en todo o Estado, unha tradución que se remonta a máis de 50anos na comarca do Deza.

Deste xeito, a declaración suporá a culminación dun proceso que a Xunta vén apoiando nos últimos anos e que ocupa un lugar destacado no modelo turístico galego, a enogastronomía, que conta coa súa propia folla de ruta a través da iniciativa 'Galicia Sabe'.

O rexedor municipal agradeceu o recoñecemento trasladado pola responsable estatal e asegurou que desde o Concello senten "moi orgullosos desa honra" após "moitos anos traballando pola internacionalización do Cocido".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS