Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 18.10.2018 Actualizado 20:34
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Ferida de gravidade unha muller atacada por dous cans rottweiler en Redondela

Un home que acudiu na súa axuda resultou ferido leve

VIGO. EP  | 13.04.2018 
A- A+

Unha muller de 62 anos de idade resultou ferida de carácter grave ao ser atacada por dous cans de raza rottweiler que estaban soltos na rúa en Redondela (Pontevedra), mentres que un home de 37 anos que acudiu a auxiliala sufriu feridas leves.

Así o comunicou a Europa Press o concelleiro redondelano Arturo González, quen indicou que os feitos se produciron sobre as 12,30 horas deste venres na parroquia de Reboreda, nas proximidades do Pazo de Pousadouro.

En concreto, a muller, que transita de forma regular pola zona e coñecía aos cans, observou que estes estaban "en actitude molesta cara aos veciños", polo que se ofreceu a conducir aos animais até a casa na que viven.

Non entanto, após acompañarlles uns 20 metros, os cans agredírona, tirárona ao chan e un deles mordeuna nun brazo e o outro nunha perna. A muller pediu auxilio, e un home que se atopaba na zona acudiu a auxiliala, golpeando aos cans para tentar que a soltasen.

Foi así como os animais centráronse nel e mordéronlle levemente, ata que conseguiu desfacerse deles afastándose e subíndose ao capó dun coche que pasaba nese momento polo lugar.

PAPEIS EN REGRA
Até a zona desprazouse unha ambulancia, que trasladou á muller, en estado de shock e sangrando abundantemente polas mordeduras, até o Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC). Ademais, o home que a axudou sufriu diversas feridas e tivéronlle que enxesar un brazo.

Pola súa banda, efectivos da Policía Local e da Policía Nacional deixaron aos cans baixo a custodia dos seus donos, onde permanecerán en gaiolas baixo observación durante as próximas horas á espera do que determine o xuíz.

Segundo o edil, os propietarios manifestaron que os cans se soltaron e escaparon até a vía pública. Ademais, sinalou que teñen os papeis en regra, a autorización para ter cans desta raza considerada como potencialmente perigosa e os animais tiñan o microchip.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS