Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 22.10.2018 Actualizado 21:01
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Ferrol en Común presentarase ás municipais en 2019, ano no que Suárez propón elixir o candidato á Alcaldía

A asemblea decide crear unha coordinadora para apoiar ao grupo municipal

FERROL. EP  | 08.02.2018 
A- A+

Ferrol en Común volverase a presentar "coa mesma marca" ás municipais de 2019, ano no que o actual rexedor, Jorge Suárez, propón que se elixa ao candidato á Alcaldía.

Así o acordou a asemblea deste partido instrumental, ao que pertencen a maioría dos integrantes do goberno municipal. No encontro, os participantes aprobaron uns novos estatutos que servirán para "dar continuidade" á política municipal.

Ademais, a asemblea, na que participaron medio centenar de inscritos, acordou crear unha coordinadora que dentro da estrutura da propia organización terá voz propia e servirá tamén para dar respaldo ao grupo municipal.

Tras el evento, Suárez destacou que, con esta aprobación, Ferrol en Común continúa avanzando cara a un proceso que, segundo considerou, será "complexo" polas circunstancias do executivo local. Con todo, mostrouse "plenamente convencido" de que teñen opcións a revalidar a Alcaldía.

COORDINADORA
O rexedor destacou que a nova coordinadora estará composta por dez membros, será paritaria, plural e terá representadas a sensibilidades de Ferrol en Común xa que se trata dunha formación integrada por Esquerda Unida, Anova e inscritos de Podemos.

"A partir de agora iniciamos unha nova etapa, onde temos que escapar de personalismos e individualidades, onde é necesario camiñar todos xuntos para construír un novo Ferrol", indicou.

Así mesmo, subliñou que Ferrol en Común presentarase "cos mesmos apelidos e coa mesma asemblea" para "darlle continuidade a un novo proxecto". Ademais, destacou que a formación "está plenamente aberta á chegada de novos inscritos".

"Animamos a participar a todas aquelas persoas que desde a esquerda queiran tomar parte de maneira colectiva na vida política sen ser un profesional diso", indicou.

CANDIDATO Á ALCALDÍA
En canto ao candidato, Jorge Suárez asegurou que aínda "non está decidido quen será o candidato á Alcaldía de Ferrol". Sobre esta cuestión, lembrou que o mesmo sinalou en "repetidas ocasións" que non é "imprescindible" e que a decisión lle corresponde á asemblea.

"Calquera dos integrantes da mesma están capacitados para dirixir esta organización", manifestou para insistir en que 2019 será o ano para falar de candidaturas.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS