Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Venres 24.05.2013  | Actualizado 09.08

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

O festival PortAmérica espera reunir máis de 5.000 persoas en Nigrán ata o sábado

VIGO. EP  | 20.07.2012 
A- A+

O festival PortAmérica que se celebrará en Nigrán (Pontevedra) ata o sábado, e que espera reunir a máis de 5.000 persoas ao Porto do Molle continúa este venres logo dos concertos deste xoves, protagonizados por Xoel López e Iván Ferreiro. Este venres é quenda para Eladio e os Seres Queridos, Julieta Venegas e Love of Lesbian e o sábado, Depedro, Corizonas, Vetusta Morla e Fuel Fandango.

PortAmérica é un proxecto que parte da música como elemento de conexión entre culturas e combina tres elementos como son a cultura, o lecer e a innovación. Nesa liña, o cartel de artistas reflexa o espírito do festival de facer converxer a conexión Europa-América en Galicia.

Ademais do apartado musical, o festival inclúe unha proxección ao aire libre, que se desenvolverá na xornada inaugural do xoves, e unha feira de talento, produtos e servizos innovadores chamada MercaInnova. Tamén haberá unha sección dedicada á cociña, denominada Gastro, na que participarán os restauradores Pepe Solla, Alberto González e Yayo Daporta.

O recinto do festival non só consta da área de concertos e as zonas da feira e a gastronomía, senón que tamén conta cunha zona infantil e de acampada.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS