Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Luns 24.11.2014  | Actualizado 00.35

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS
  • Imprimir
  • Enviar por correo

ARDENTÍA

Fin da traca preelectoral: Día D

MANAUEL DOURADO DEIRA  | 19.11.2011 
A- A+

Cando redacto o presente texto, estamos na antevéspera do día D, 20N. Estamos, por tanto na fin da traca preelectoral na que, como é habitual, houbo de todo. As diferentes opcións políticas expuxeron os seus programas de intencións máis o menos claros e repletos de boas e case milagreiras intencións. Todo para a conquista do voto. Os verdadeiros propósitos e determinacións dependen dos seus intereses e quedaron e quedaron no colecto reservado de cadaquén, con algunha excepcións. Asistín a cantos mitins se me presentaron por terras rianxeiras, excepto o do PPdeG que non o vin por estes lares. E gustaríame velo e escoitalo e poder ter o seu programa electoral. É un deber de todo cidadán informarse para decidir a súa propia opción o día D.

Que por que me interesa todo isto? Un programa permite lelo con calma, reflexionar sobre a oferta de cada opción, meditar o que interesa a Galicia e a España; se ambas ofertas son equitativas e proporcionadas para os intereses de ambas entidades, ou predomina algunha delas en prexuízo da outra, como ven ocorrendo desde hai séculos. Porque as promesas dos mitins xa se sabe en que adoitan quedar o final: En palabras que leva ao vento. E todo isto sen distinguir a cor da opción política das que pasaron por Rianxo.

Tamén procurei informarme nos medios de comunicación ao meu alcance. Lin todo que puiden sobre as distintas opcións e as primicias dos correspondentes programas coas correspondentes críticas, como é o meu deber de cidadán, etc. etc. Nunha palabra: procurei informarme debidamente. Teño, ademais, como principio non escribir sobre as promesas dos diferentes candidatos para que cadaquén vote libremente a quen lle pareza. Nesta liberdade non entran, por suposto, os afiliados e demais seareiros de cada partido, loxicamente. Cando a miña muller e eu viñamos de asistir a un deste mitins, encontramos a dúas veciñas. Preguntámoslle: “E non fostes ao mitin?” “Non. nós só imos ao do noso partido. Somos de Dereitas.” “Pero iso non impide escoitar aos demais –replicou a miña muller- “Non nos importa”. Unha anécdota que reflicte o grao de adoutrinamento das aludidas en prexuízo da auténtica actitude democrática das aludidas. Por iso, canto levo dito só me refiro aos cidadáns que pretendemos ser libres de disciplinas ou inclinacións partidarias. Non me encadro, tampouco, nese enorme grupo dos denominados “indiferentes”.

Non. A indiferencia, esa especie de anodinia ou amorfidade mental propia dos que sostén cousas coma que os políticos son todos iguais, que fagamos o que fagamos os electores cada político e cada partido vai ao seu que é o logro do poder. En certo modo, no fondo, algo, (ás veces, demasiado) pasa de iso. Por iso, a clase política está desprestixiada e produce esas consecuencias. Debemos evitalo mediante unha auténtica rexeneración democrática, como dixo alguén nesta campaña. Liberdade e sorte para todos

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS