Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Venres 18.04.2014  | Actualizado 11.24

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

O SAL DA TERRA

Finanzas de fume

JOAQUIM VENTURA  | 03.10.2011 
A- A+

O patio das empresas multinacionais españolas anda revolto polo alianza que pretenden establecer Luís del Rivero –propietario da constructora Sacyr-Vallehermoso- e Pemex (Petróleos de México) en Repsol-YPF para desbancar ao actual presidente, Antonio Brufau, que representa os intereses de “la Caixa”, o primeiro accionista. O tema está a ser considerado polas autoridades competentes porque existe a sospeita que o interés dos mexicanos –competencia directa de Repsol- estaría motivado por coñecer os novedosos métodos extractivos da compañía hispano-arxentina e así poder aplicalos nos seus xacimentos (a un prezo dez veces inferior ao que pagou polo 5% das accións).
Pero o tema que resulta escandaloso non é ese (malia o apoio do chamado “clan Intermoney”, vencellado ao parecer ao zapaterismo, que xa o tentou co BBVA) senón o papel que está a xogar Luís del Rivero. Este, coa garantía de Sacyr -cando as constructoras estaban no seu apoxeo- decidiu entrar en Repsol grazas a un creto de 5.000 millóns de euros –500 dos cales do ICO-, que agora está por vencer. Solicitada a renegociación, os bancos prestamistas esixen máis garantías xa que o valor de Sacyr non é mesmo que hai uns anos. Desde o goberno tentaron, sen éxito, colocar o paquete de Luís del Rivero a diversas enerxéticas como Lukoil, Essar e Sinopec.
O enxeñeiro murciano está a seguir os pasos doutros que tamén mercaron con fume. Foi o caso de Jesús Gil y Gil, que adquiriu o Atlético de Madrid grazas a un creto por dous días dunha multinacional de material deportivo. Ou como fixo Ruiz-Mateos na primeira Rumasa e repetiu en Nova Rumasa, que mercaba a creto a porcentaxe suficiente dunha empresa para ter o seu control e capitalizaba bonos polo suposto valor da parte comprada. Bonos que non cotizaban e cuxo beneficio estaba en vendelos a un prezo superior ao de compra. Evidentemente, os cartos dos inversores podían ser desviados facilmente a un paraíso fiscal.
Máis descarado foi o asalto do tándem Mario Conde-Juan Abelló a Banesto. Socios nos laboratorios que o segundo herdara do seu pai, entraron no capital de Antibióticos SA en 1984, empresa que venderon a Montedison tres anos despois multiplicando por vinte a inversión feita. Alén, e utilizando a figura fiscal da disminución patrimonial, evitaron pagar unha cantidade considerable de impostos, cousa que lles permitiu entrar en Banesto e esixir, en tanto que primeiros accionistas, o seu control.
Procedementos como estes explican algunhas razóns da crise actual. O peor é que moitos gobernantes –sexan da cor que sexan- os avalan coa súa complicidade. Senón, non se entende que o ICO, que non ten cartos para as pemes, prestase a Luís del Rivero.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS