Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 15.11.2018 Actualizado 14:21
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

AS FÁBRICAS DO CAMBIO CLIMÁTICO (e XX) ·· MADEIRA

Finsa de Pontecesures: 152.000 toneladas de Co2

As emisións de dióxido de carbono do 2007 e 2008 non figuran no PRTR ·· Destaca polas verteduras de compostos fluorados e zinc á auga

RAMÓN VARELA CATEDRÁTICO DE BIOLOXÍA   | 26.06.2010 
A- A+

Creada en 1963, esta fábrica foi a primeira do Grupo Finsa (Financiera Maderera ). Empresa nada en Galicia, é hoxe unha importante multinacional con 22 factorías e presente en vinte países.

A finais do ano 2006, Finsa de Pontecesures puxo en marcha unha planta de coxeración de 35 Mw para aproveitar residuos de biomasa, coa finalidade de producir calor para secar os taboleiros. Xa antes contaba con coxeración que utiliza de combustible fuel: dous motores de fuel oil de 11,98 Mw desde 1996, con valores de emisión de 48.807 toneladas de dióxido de carbono. Tiña asignado pola industria 106.407 toneladas

O seu volume de produción no ano 2008 foi de 268.076 toneladas e conta con 300 empregados

 

Contaminación.

Son importantes as emisións de dióxido de carbono: no ano 2006 rexistrou 152.000 toneladas. Non figuran no rexistro as correspondentes ao ano 2007 e 2008, presumiblemente serán similares ou algo maiores. Si están actualizados ao ano 2008 outros contaminantes como compostos orgánicos voláteis distintos do metano (733 toneladas), gases acidificantes (525 toneladas), e case 900 quilogramos de metais pesados.

No rexistro, PRTR, non ofrece información das verteduras á auga, o que sería importante para coñecer a contaminación orgánica que verte ao Ulla e a Ría de Arousa. Considerando que Finsa Santiago declara que verte 78.500 quilos de carbono orgánico total, pódese estimar un valor parecido para esta industria.

 

O CONSUMO

Abastecería a Pontecesures e a Padrón coa electricidade que consome

O consumo de auga é de 197.000 m3, que podía abastecer á poboación de Pontecesures (consumo diario de 165,4 l/habitante)e o consumo de electricidade é de 103.743 Mwh, que chegaría para abastecer vilas como Padrón e Pontecesures xuntas, e incluso podería abastecer a unha poboación de 70.000 habitantes. (consumo anual de 1.452 Kwh/persoa).

 

Información do Rexistro de emisións, PRTR

Non ofrece información actualizada de dióxido de carbono.

 

Non ofrece información de emisión de partículas, nin emisión de benceno e naftaleno.

 

Non ofrece información de verteduras á auga.

 

A SAÚDE

A problemática do cadmio

Respirar cadmio pode danar severamente os pulmóns e, unha vez no sangue, este composto é transportado até o fígado. Alí forma complexos coas proteínas e vehiculízase cara aos riles. Unha vez nestes órganos causa lesións importantes nos nefronas ou sistemas de filtración e leva consigo que funcione mal este órgano e se cheguen a expulsar proteínas esenciais e glícidos.

O cadmio pode chegar por vía dixestiva a especie humana e trae outros efectos como diarreas, vómitos, danos no sistema nervioso central, no sistema inmunitario, posible dano no ADN...

Deposítase no fígado e nos riles elimíninase lentamente ( vida media de quince anos). Nos ecosistemas acuáticos, o cadmio acumulase e amplificase nas redes tróficas.

A Administración de Saúde e Seguridade Ocupacional (OSHA) limita a exposición de traballadores a un promedio de 5 microgramos por metro cúbico (mg/m3) durante unha xornada diaria de oito horas.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS