Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 25.04.2019 Actualizado 20:52
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

O fiscal García Ortiz asegura que "só o 3% ou o 4% dos incendios teñen intencionalidade de facer mal"

Lamenta que o caso de Marina Castaño sexa "excesivamente longo" e recoñece que a xestión de residuos é "complicada" e "cara"

O fiscal delegado de Medio Ambiente, Álvaro García Ortiz - FOTO: SER
O fiscal delegado de Medio Ambiente, Álvaro García Ortiz - FOTO: SER

SANTIAGO. EP  | 15.04.2019 
A- A+

O fiscal delegado de Medio Ambiente, Álvaro García Ortiz, asegurou este domingo que a partir das estatísticas que manexa, a Fiscalía conclúe que entre un 70% e un 80% dos incendios que suceden en Galicia son intencionados, pero "só o 3% ou o 4% deles teñen intención de facer mal".

Así, segundo explicou García Ortiz nunha entrevista na Cadea Ser recollida por Europa Press, cabe distinguir entre aqueles incendios provocados cunha intención dolosa, a que persegue facer o mal, "que só son o 3% ou o 4% dos casos", fronte a aquelas intencionalidades que pretenden queimar, pero cuxas consecuencias van máis aló desa acción.

O fiscal apuntou que desde o punto de vista penal a responsabilidade dunha persona que inicia un incendio con intención dolosa "non é a mesma" que a de alguén que planta un lume como "un recurso ou como un instrumento", aínda que as consecuencias das chamas "vaian máis aló".

García Ortiz subliñou que cada vez existe unha maior concienciación contra os incendios. Neste sentido, considerou que a vaga de lumes de 2017, "cando as chamas se achegaron ás áreas urbanas", contribuíu a esa concienciación.

Así, lembrou que a elaboración de plans antiincendios é unha obrigación legal dos concellos, polo que destacou que "a inacción pode ter consecuencias penais".

MIRAMONTES
Acerca da investigación da Fiscalía sobre o vertedoiro de Miramontes, Garía Ortiz indicou que se trata dun espazo sensible porque está "a catro quilómetros da catedral" e os malos cheiros agriden aos veciños. Ademais, engadiu que Fiscalía considera que a actividade que se desenvolve en Miramontes "podería ter contido penal".

Con todo, recoñeceu que a xestión dos residuos que xeran as persoas é "complicada" porque, ao seu xuízo, trátase dunha materia "complexa".

"Hai que facer que calquera espazo no que se depositen estean acondicionados con arranxo á lei", destacou o fiscal, quen engadiu que a sociedade debería concienciarse en que reciclar ou tratar os residuos "é caro".

En canto á mina de Touro, relatou que son "multitude de actividades" as que alí se desenvolven, algunhas delas "potencialmente contaminantes", polo que están a ser investigadas.

No entanto, afirmou que a futura ampliación para explotación mineira "aínda non está sobre a mesa da Fiscalía".

MARINA CASTAÑO
Como fiscal no caso que sentou no banco á que foi muller de Camilo José Cela, Marina Castaño, así como a outras tres persoas acusadas de malversación de fondos públicos pola indemnización que a Fundación Cela pagou ao exgerente da entidade, García Ortiz apostilou que durante a vista oral plasmáronse dúas tese dos mesmos feitos "que non se afastan tanto a una da outra".

Neste sentido, indicou que estas versións "poden ter unha interpretación diferente". Ademais, lamentou que caso sexa "excesivamente longo", xa que comezou en 2012 e "iso nunca é bo".

"Especialmente para os acusados, que teñen que soportar a carga procesual durante seis ou sete anos e que despois de tanto tempo son obrigados a lembrar feitos", indicou.

Noutra orde de cousas, o fiscal delegado de Medio Ambiente celebrou que funcione a inspección no ámbito da xustiza como demostran tanto a sanción á xuíza Pilar de Lara como a investigación ao fiscal xefe de Ourense, Florentino Delgado, por abuso de poder. "Non hai ninguén intocable, por encima da lei non hai nada", defendeu, o que é, ao seu xuízo, "unha máxima do estado de dereito".

Así mesmo, como membro da Unión Progresista de Fiscais, situouse a favor dun goberno de "progreso" a partir do 28 de abril "como di o nome da nosa asociación" para que leve a cabo "as reformas que a xustiza española necesita".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS