Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Martes 21.05.2013  | Actualizado 01.39

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

A Fiscalía investiga o proxecto de mina de ouro de Corcoesto

Por un presunto delito contra os recursos naturais e o medio ambiente

SANTIAGO  | 11.08.2012 
A- A+

A Plataforma pola defensa de Corcoesto informama de que a Fiscalía de
Medio Ambiente procedeu á apertura de dilixencias de investigación penal
contra o proxecto de mina de ouro a ceo aberto que a empresa canadense
Edgewater pretende desenvolver no Concello de Cabana de Bergantiños e que
ocupará máis de 770 hectáreas de superficie arborada.

Nunha nota, a plataforma explica o seguinte:

"O proxecto mineiro desenvólvese nun espazo moi próximo ao río Anllóns que
está declarado como Lugar de Interese Comunitario (LIC) e como Zona de
Especial Protección de Aves (ZEPA) e que de levarse a cabo, esta zona
especialmente protexida polas leis comunitarias, corre un alto risco de sufrir
danos irreparables, con alteracións do sistema hidrolóxico que pode ter
repercusións nefastas sobre os bancos marisqueiros da ría de Corme e Laxe.

No propio proxecto mineiro contémplase a desviación de 2.740 m da canle do
río Lourido, o verquido ás concas fluviais de concentracións de metais pesados
como o arsénico (0,077mg/l) ou o níquel (0,036mg/l) por enriba dos niveis
máximos permitidos pola lexislación (respectivamente 0,05 mg/l e 0,02 mg/l),
así como a xeración de dous millóns cen mil toneladas de residuos anuais que
durante o período de explotación alcanzaría a cifra de 17 millóns de toneladas
de residuos que quedarían na parroquia de Corcoesto para sempre, a escasos
200 m das vivendas máis próximas.

Outros datos do proxecto son o emprego de 1,49 toneladas diarias de cianuro
(esta cantidade diaria podería envelenar case tres veces a poboación galega) e
o consumo de máis de un millón cen mil litros diarios de auga para a extracción
do ouro a través do proceso de lixiviación (equivalente ao consumo diario de
6.500 persoas, número moi superior á actual poboación cabanesa).

A magnitude do proxecto, a súa proximidade á Rede Natura e o emprego
dunha tecnoloxía altamente contaminante determinou a incoación das
dilixencias de investigación penal por un presunto delito contra os recursos
naturais e o medio ambiente na zona coñecida como Grupo Mineiro de
Corcoesto, situado nos concellos de Cabana de Bergantiños, Ponteceso e
Coristanco."

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS