Hemeroteca web
|
RSS
Martes 21.05.2013
| Actualizado 17.42
De Fisterra a Xerusalén para facer presente o Alzheimer
O xornalista Guillermo Nagore inicia este domingo unha camiñada de 7.000 quilómetros para sensibilizar sobre a enfermidade

Guillermo NagoreFOTO:
SANTIAGO. EP | 18.03.2012
O xornalista navarro Guillermo Nagore arranca este domingo unha viaxe a pé de 7.000 quilómetros, entre Fisterra e Jerusalén, co fin de sensibilizar e informar sobre a enfermidade de Alzhéimer.
Deste modo, comezará a súa andaina no marco do proxecto 'A memoria é o camiño' ás 16.00 horas deste domingo, que terá a súa saída simbólica do faro de Fisterra.
Previamente, ás 11.00 horas Guillermo Nagore e o presidente da Confederación Española de Asociacións de Familiares con Alzhéimer (Ceafa), Arsenio Hueros, celebrarán unha rolda de prensa no Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela para presentar o proxecto, onde tamén acudirán o presidente da Federación Galega de Alzhéimer, Juan Carlos Rodríguez, e o director executivo de Ceafa, Jesús Rodrigo.
O obxectivo desta iniciativa é concienciar sobre "a necesidade de elaborar unha política de Estado que non dependa de plans nin presupostos anuais".
© 2013 www.galiciahoxe.com
Todos os dereitos reservados. Prohibida a
reprodución total ou parcial do contido sen a
expresa autorización do propietario.