Hemeroteca web
|
RSS
Domingo 19.05.2013
| Actualizado 12.21
Florentino inaugura tres novos espazos en centros El Corte Inglés de A Coruña, Vitoria e Sevilla
SANTIAGO. EP | 03.04.2012
A empresa galega de moda para home Florentino, fundada en 1970 polo deseñador e empresario Florentino Cacheda, inaugurou durante o mes de marzo tres novos espazos en centros El Corte Inglés.
Segundo informa a empresa nun comunicado, así continúa co seu proceso de expansión e segue ligada a El Corte Inglés "abrindo tres novos puntos de venda" na planta de cabaleiro dos centros de Vitoria, A Coruña e Sevilla (Praza do Duque).
A compañía explica que se trata dun "novo concepto" de espazo Florentino, cunha "imaxe renovada que leva implícito un paso adiante na traxectoria da marca e no seu posicionamento global".
Florentino produce integramente todos os seus produtos na súa sede central en Lalín (Pontevedra) empregando actualmente de forma directa e indirecta a máis de 500 persoas "en constante formación para alcanzar os obxectivos de calidade requiridos", matiza a empresa.
A compañía conta na actualidade con presenza en mercados como Francia, Portugal, Filipinas, Exipto, Federación Rusa, México, China, Corea, Líbano e os Emiratos Árabes, ademais de estar presente en 700 puntos de venda multimarca ademais dos 33 centros El Corte Inglés.
A compañía, segundo destaca, comeza o anos 2012 "cunha forte aposta polo desenvolvemento", e a estes tres novos espazos sumarase a inauguración, o próximo 19 de abril, dunha nova tenda insignia na rúa Lagasca de Madrid, que albergará ademais un 'showroom' na planta baixa.
Entre os obxectivos prioritarios da empresa atópase "lograr que a marca sexa percibida de forma cada vez máis nítida polos clientes potenciais tanto dentro como fóra do país", e, segundo engade, "apostar por unha estratexia de comunicación e imaxe forte que contribúa á consolidación da marca e á potenciación do valor engadido de calidade que supón o feito en España".
© 2013 www.galiciahoxe.com
Todos os dereitos reservados. Prohibida a
reprodución total ou parcial do contido sen a
expresa autorización do propietario.