Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Mércores 19.06.2013  | Actualizado 13.49

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Renfe, FEVE e ADIF

Folga de ferroviarios contra os recortes e a "privatización" do tren

Uns 1.200 profesionais galegos chamados á protesta este venres // Denuncian que os servizos mínimos importos son abusivos

SANTIAGO. EP  | 03.08.2012 
A- A+

Un total de 1.196 traballadores galegos das empresas Renfe, FEVE e ADIF están chamados á folga este venres, convocada para manifestar o rexeitamento "aos recortes" do Goberno nos seus dereitos pactados en convenio e á "privatización do ferrocarril".

Diso informou o Sindicato Federal Ferroviario (SFF) a través dun comunicado, no que detallou que A Coruña é a provincia que aglutina un maior número de traballadores do sector, con 493. Séguea Pontevedra, con 299; Ourense, con 289, e pecha a lista Lugo, cun total de 185.

Entre os argumentos da folga sinalou as "mentiras" do Goberno, entre elas, que a liberalización do ferrocarril, pola que se permite a entrada de operadores privados, vaia supoñer unha redución no prezo de billete.

Outra, ao seu xuízo, é que a liberalización poña fin ao "monopolio" do ferrocarril. "O proceso que ten preparado o Goberno leva consigo a liberalización por corredores, creándose moitos monopolios", advertiu o sindicato, quen tamén negou que "se teña que liberalizar o transporte" o próximo 1 de xullo de 2013.

Simplemente, sinalou que é unha opción que a Unión Europea "apoia" porque permitiría que "fortes empresas públicas ferroviarias de Alemaña e Francia entren a facer negocio nas vías españolas".

SERVIZOS MÍNIMOS "ABUSIVOS"

Por último, en relación cos servizos mínimos "impostos" polo Ministerio de Fomento, SFF asegurou que son "os máis abusivos da historia democrática do ferrocarril".

"Poden circular o 100% dos servizos Avant Santiago-Ourense-Compostela, o 80 por cento dos trens do Eixe Atlántico, o 100% dos trens que unen Galicia con Madrid e Barcelona e o 60 por cento dos rexionais das liñas de Monforte, Puebla de Sanabria e Ferrol", analizou.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS