Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 21.09.2017 Actualizado 20:28
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

O folk máis internacional regresa este xoves ao Festival de Ortigueira na súa 33ª edición

Talleres, pasarrúas e unha exposición, entre as diversas actividades paralelas programadas este ano

SANTIAGO. EP  | 11.07.2017 
A- A+

O Festival de Ortigueira, unha das citas de música folk máis importantes do mundo, regresa este ano na súa 33ª edición e un cartel cunha destacada presenza internacional e galega.

A organización programou, así mesmo, unha serie de actividades paralelas ao evento, que se estenderá entre o 13 e o 16 de xullo, como obradoiros, pasarrúas ou unha exposición.

O festival arrincará ás 20.00 horas deste xoves na praza do Concello, cun concerto inaugural a cargo de Festa Rachada, Os Carecos, a colaboración galega e xaponesa de Shun Yinemura e Xacobe Lamas e os nipóns Harmonica Creams. Ademais, actuarán a Bagad Krevenn Brest Sant Mark (Bretaña), The California and District Pipe band (Escocia) e a Escola de gaitas de Ortigueira.

O prato forte do día será no Escenario Estrella Galicia, onde actuarán as bandas principais. Alí celebrarase a final do Proxecto Runas 2017, con Noreia (Eslovenia), Gabriel G Diges (Irlanda) e Koji Koji Moheji (Xapón). Tamén se celebrarán os concertos de SKERRYVORE e Crebisnky.

Ao día seguinte, xunto a diversos pasarúas que encherán de música a localidade, celebraranse os concertos (a partir das 22.00 horas) de Bagad Kevrenn Brest Sant Mark, a Escola de Gaitas de Ortigueira, de Usher's Island, Scott Wood Band e BÖJ.

A terceira xornada acollerá as actuacións de The California and District Pipe band, Óscar Ibáñez & Tribo, Michael Mcgoldrick Band, Tejedor e Harmonica Creams.

O domingo, pola súa banda, iniciarase coa saída en comparsa de diversas bandas de nacións celtas, procedentes de Galicia, Asturias, Bretaña e Escocia. Ademais, a programación do escenario principal estará dedicada integramente a grupos galegos, con Gamelas e Anduriñas, Os Carecos e Convidados, Treixadura e A Roda.

ACTIVIDADES PARALELAS

Xunto aos tradicionais pasacalles, o Festival de Ortigueira inclúe este ano unha oferta de obradoiros e actividades paralelas para completar a oferta musical do evento.

Entre eles, o 'taller de empalletado, afinación e problemas da gaita' (xoves e venres), impartido polos artesáns Antón Corral e Ramón Corral e o 'taller de iniciación a zanfona' (sábado) impartido por Óscar Fernández.

Ademais, celebrarase un curso de Photo Street organizado por Galioart, entre o 14 e o 16, xunto a un taller de danza escocesa por parte dos membros de California & District Pipe Band, o venres.

Doutra banda, o Teatro da Beneficencia acollerá diversos actos, como a presentación o sábado ás 20:00 horas do libro 'A Alborada dun Soño' dedicado a Antón Corral, a emisión do programa 'Lume na Palleira' da Radio Galega o domingo (17.00 horas), ou o concerto acústico 'Xapón coa música celta', ás 19:30 horas dese mesmo día, coa presenza de Harmonica Creams, Shun Yonemura, Yoko Takano e Hatao.

O programa inclúe tamén unha exposición de carteis do festival desde 1979, que se poderá ver no centro de visitantes en horario de 12.00 a 22.00 horas.

CICLO 'FESTIVAL NO TEATRO'

Una das propostas máis destacadas do evento foi o ciclo 'Festival no Teatro', co que se buscaba estender a vida do festival ao longo do ano con diversas actuacións celebradas no Teatro da Beneficencia.

Este ciclo pretende pór en valor este espazo datado do século XVIII, e a súa asociación coa música de corte acústico, con bandas e intérpretes da talla de Niamh Ni Charra Trio, Alaw, Ives Lambert Trío, e Anxo Lorenzo Band.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS