Hemeroteca web | RSS  RSS     Mércores 18.10.2017 Actualizado 21:16
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

O fotógrafo Xoán Crespo gaña a XIII edición do Premio Luís Ksado

A CORUÑA. EP  | 10.10.2017 
A- A+

O fotógrafo Xoán Crespo gañou a XIII edición do Premio Luís Ksado de fotografía da área de Cultura da Deputación da Coruña coa súa serie 'Mascaritas. Entroido solitario', segundo informa o organismo provincial.

Na resolución do certame, o xurado destacou, como principais valores da colección de Crespo, "a súa visión do tema desde un punto de vista orixinal a través dunha variedade de personaxes e cunha atmosfera particular que consegue por medio dos propios retratos".

Tamén sinala que a colección supón, de acordo coa decisión do xurado, "unha visión única e diferente dun tema que foi moi visitado por medio da fotografía, pero cunha óptica particular e distinta".

O pontevedrés Xoán Crespo, aínda que residente en Santiago de Compostela, traballa como fotoxornalista na Xunta desde 1992. Ademais, participou en diferentes exposicións colectivas e individuais.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS