Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Xoves 17.04.2014  | Actualizado 01.00

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia  |   RSS - Galicia RSS

LUCERNA DA PORTELA

Fraga fumeante

XOSÉ M. LOBATO MARTÍNEZ  | 13.12.2011 
A- A+

Capa gasosa persistente sobre o acubillo xurdido da espontaneidade, diversidade de flora e fauna, unha reducida arca con estilo e características propias dunha gran acolledora, sempre agradable e hospitalaria para inquilinos nativos.


Espesura impoñente de seriedade e sosego, convivencia sometida a leis estritamente naturais nunha gran artesa ancorada en terreo escorregadizo.


Ara pétrea mergullada nun idealismo agreste e silvestre, protexida e admirada por tanta mestura en vixiante custodia, o seu é un gran enigma que ampara celosamente, mentres este permanece no labirinto dos astros e os soños, sempre favorables a interpretacións subxectivas.

 

Dende este edén baixo a sombra, existe esa observación constante do exterior con cautela, mais como referencia válida externa xamais se perden os sinais dos restos do tridente místico en navegación polo litoral galego.


Afamados restos petrificados, agasallados e venerados por todo un manual ególatra, vestixios dunha nobre familia pedregosa, que malia aos seus indicios bastante difusos son referencia obrigada, mesmo supoñen unha parte considerable da esperanza desta fumegante fraga, de escapar definitivamente dos elos que a manteñen no limbo do descoñecemento.


Exemplificar status do trío para toda aspiración vaidosa de caída na popularidade enfermiza, adquirir nome propio é triunfar no agasallo constante da moda, un halo místico con ronsel de feitizos. O gran segredo para traspasar o fío escurantista, achegar á sociedade crenzas e servizos desde unha posición de mediador dun suposto influxo milagreiro.


Axexa o Pedrón, desde a súa ara de admiración, aos seus pés un mundanal de admiración e devoción.


Balancea a Barca, observando con respecto a impetuosa onda da carraxe, desde un equilibrio inestable, sobre o seu lombo pétreo un mundo de admiración e devoción.


Asubía Aguillóns, sempre no fío constante da liorta convulsiva da raza atlántica coa cantábrica, desde a solaina do litoral unha multitude de admiración e devoción.

 

Persiste o descoñecemento, envés dos focos luminosos que superan á manta fumeante que protexe o asentamento, o interese continúa focalizado nos tres emblemáticos e prioritarios puntos de admiración.


No entanto, no interior da fraga o estado bucólico abafa calquera síntoma cobizoso de popularidade, a realidade sempre asentada nas pegadas do labirinto pétreo, un seguro de permanencia para unha contorna enigmática e ignota da maioría.


Mais un lugar encantado, morada da vivacidade exemplar das crenzas populares, non debe ser xamais invadido, a súa profanación provocaría un caos na maleza e un desastre nos coñecementos de tradición lendaria, estes seres esquivos necesitan tranquilidade para manter o seu halo de idealismo.


Fraga en ebulición, a súa invasión produce unha transformación radical, unha catástrofe de dimensións incalculables, a súa cruz esa selva Negra de inspiración funesta. Un carrusel de vivencias personificadas teñen morada na selva Negra para desde aquí atemorizar sen desmaio.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS