Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Sábado 25.05.2013  | Actualizado 11.58

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

buscará "a solución máis conveniente" co BNG

Francisco Rodríguez considérase inocente e non dimite

O alcalde de Ourense invoca o exemplo do goberno en minoría de Caballero en Vigo, pero comprométese a garantir "a gobernabilidade" do Concello de Ourense

OURENSE  | 24.09.2012 
A- A+

O alcalde de Ourense, o socialista Francisco Rodríguez, imputado por suborno e prevaricación na Operación Pokémon, anunciou que non dimite do cargo que ostenta desde o ano 2007 porque se considera "igual de inocente" que antes da súa detención o pasado xoves e ante a advertencia do BNG de que romperá a alianza de goberno, indicou que buscará "a solución máis conveniente".

Nunha rolda de prensa na que se esforzou en defender a súa "inocencia", o rexedor de Ourense, en liberdade baixo fianza de 6.000 euros, dixo non ter constancia oficial da postura do BNG de Ourense favorable a deixar o goberno local se non presenta a súa dimisión.

"A situación agora mesmo para min é a mesma que existía o mércores, é dicir, antes do meu peche", dixo Francisco Rodríguez, quen mesmo invocou o exemplo do goberno en minoría do tamén socialista Abel Caballero en Vigo. Iso si, recoñeceu que a partir deste luns "pódense dar outras circunstancias", polo que se comprometeu a garantir "a gobernabilidade do Concello de Ourense".

O PSdeG goberna en Ourense desde 2007 cunha alianza postelectoral co BNG. Nas eleccións de 2011 os socialistas consigueron mellorar resultados e subiron de oito a 11 concelleiros, os mesmos que o PP, mentres que o BNG quedou con tres e Democracia Ourensá obtivo dous edís.

CASO DOS PANEIS

Preguntado polo coñecido como caso dos paneis, que provocou dimisións no BNG local ao ser imputados o que era portavoz no Concello, Andrés García Mata, e o seu antecesor no cargo, Alexandre Sánchez Vidal, o rexedor ourensán ha defendido que "non ten nada que ver" aquel caso pola adxudicación a dedo en febreiro de 2008 dun contrato de 40 millóns de euros para a explotación dos paneis informativos da cidade das Burgas, co caso no que el se viu envolvido agora.

Acerca de se se comunicou co secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, con quen Francisco Rodríguez arrincou en política, pero de quen se distanciou nos últimos tempos, o rexedor sinalou que fala con "todos os membros" do seu partido.

"En política hai que valorar a situación de cada momento e, por tanto, seguramente no día de mañá seguiremos falando da situación que se produce e que se pode producir e en consecuencia estaremos en permanente contacto para, dada a situación, buscar a mellor solución", apuntou, a menos dun mes das eleccións autonómicas do 21 de outubro.

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS