Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 14.11.2019 Actualizado 14:45
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

FILLO PREDILECTO DO CONCELLO DE TOMIÑO

Franco Grande: "Aos que se matan por entrar na RAG, déixolles o meu posto cando queiran"

SANTIAGO. REDACCIÓN  | 14.01.2012 
A- A+

Académico da RAG -institución que non pisa dende hai anos e coa que mantén unha distancia crítica: "Tanto me dá estar dentro que fóra. Hai xente que se mata por entrar, non sei para que. Déixolles o meu posto cando queiran"- e librepensador, ademais de escritor, avogado e intelectual galeguista, Xosé Luís Franco Grande é dende este sábado fillo predilecto do  Concello de Tomiño.

Nacido na parroquia de Tebra, o tamén Premio Nacional de Literatura, é un propagandista entusiasta da súa terra nai. Malia non publicar un libro dende 2009, este europeísta convencido escribe todos os días e leva tempo a traballar nunha formulación moderna da doutrina galeguista no novo marco  da UE: "É federalismo aplicado á realidade galega", explica nunha recente entrevista concedida a B.R. Sotelino.

Sempre directo nas súas opinións, sen casar con ninguén, Franco Grande non ve por ningures que as cousas vaian a mellor no territorio da creación literaria e tampouco se mostra optimista sobre o futuro do galeguismo e mesmo do peso de Galicia, moi por detrás de Cataluña e de Euskadi: "Creo que van por camiños distintos as reivindicacións intelectuais e a política, enormemente atrasada en Galicia. Mentres non cambiemos os políticos do país, o país non vai cambiar moito. Estamos en mans de xente totalmente inútil".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS