Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 21.20

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

A Fundación Luis Seoane expón na Coruña unha mostra sobre os óleos do artista e outra sobre Valentín Paz-Andrade

07.02.2012 

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

A CORUÑA. EP

A Fundación Luis Seoane expón dende este martes, día 7, e ata o próximo 6 de maio na súa sede de A Coruña, a mostra "Camiño de Seoane. Fontes e recursos" na que se exhiben os óleos do artista e outra sobre 'Valentín Paz-Andrade. Galiza como tarefa' coincidindo coa homenaxe da que será obxecto o escritor e economista o Día das Letras Galegas.

Paralelamente a ambas as dúas mostras, que no caso da dedicada a Paz-Andrade se exporá tamén en Vigo a mediados de maio, a Fundación Luis Seoane proxectará un documental sobre Isaac Díaz Pardo, do que é autor Xosé Abad, con motivo do seu falecemento o pasado mes de xaneiro.

Á presentación de ambas as dúas mostras, asistiron o tenente de alcalde de Cultura do Concello de A Coruña, Ana Fernández; os comisarios das exposicións, Silvia Longueira, directora da Fundación Luis Seoane, e Xosé Díaz; o músico Xurxo Souto, en representación de Xosé Abad, e o director da Obra Social de Novacaixagalicia, Guillermo Brea, e José Peña, en representación da Fundación Repsol.

Sobre a mostra de Luis Seoane, Silvia Longueira indicou que se centra nos propios fondos da Fundación e en concreto nos óleos do artista realizados entre 1945 e 1958. A exposición inclúe, ademais, material documental diverso dende fotografías persoais e bosquexos de óleos ata correspondencia persoal, libros ou cadernos de viaxes.

Pola súa banda, Xosé Díaz indicou que a mostra de Valentín Paz-Andrade abrangue as súas distintas facetas como político, empresario "e home curioso de todas as culturas do mundo", engadiu en relación á colección de arte que posuía e da que se expoñen algunhas pezas.

Para iso, a exposición divídese en 25 seccións, ordenadas na súa maior parte cronoloxicamente, nas que o visitante atopará documentos orixinais, fotografías da época, mapas, debuxos, documentos audiovisuais e un percorrido sobre a biografía dun dos fundadores do Partido Galeguista e dos impulsores do Estatuto de Autonomía de Galicia.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS