Hemeroteca web | RSS  RSS     Domingo 26.04.2020 Actualizado 00:00
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

acto na cidade da cultura

A Fundación Penzol recibe este martes a Medalla de Ouro de Galicia

SANTIAGO. EP  | 18.11.2013 
A- A+

A Fundación Penzol recibirá este martes a Medalla de Ouro de Galicia nun acto que se celebrará na Cidade da Cultura e que estará presidido polo xefe do Executivo autonómico, Alberto Núñez Feijóo, e contará coa presenza de, entre outras autoridades, a presidenta da Cámara galega, Pilar Rojo.

Esta distinción foi outorgada polo Consello da Xunta o pasado 11 de xullo e foi dada a esta fundación xunto á ONCE e, a título póstumo, ao histórico socialista Ceferino Díaz, falecido en decembro do pasado ano. Precisamente, a homenaxe ao exdeputado tivo lugar a semana pasada no Pazo do Hórreo nun emotivo acto na que fora a súa casa.

A Fundación Penzol, creada en Vigo por Francisco Fernández del Riego, Ramón Piñeiro e outros galleguistas en 1963, destaca polos seus 50 anos de funcionamento dedicados ao estudio e á recompilación documentación sobre a lingua e literatura de Galicia.

As Medallas de Ouro de Galicia impóñense o 25 de xullo, coincidindo coa celebración do Día da comunidade e o seu patrón, pero este ano foron suspendidos todos os actos polo accidente de tren de Angrois, en que faleceron 79 persoas na véspera desta festividade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS