Hemeroteca web | RSS  RSS     Xoves 05.12.2019 Actualizado 21:11
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

este martes

A Fundación Rosalía conmemora o 129 aniversario do falecemento da poeta

SANTIAGO. EP  | 14.07.2014 
A- A+

A Fundación Rosalía de Castro conmemorará este martes, día 15 de xullo, o 129 aniversario do falecemento da poeta padronesa cun acto que se celebrará a partir das 20.00 horas na Casa-Museo de Rosalía.

No acto, aberto ao público, intervirán personalidades como o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, e terá lugar un recital poético coa participación de Andrés Fernández, Laura Espiño e Paula Rey, así como de Gonzalo Hermo, Ledicia Costas, Luís González Tosar, Cesáreo Sánchez e Luz Pozo.

Paralelamente, terá lugar a presentación do II Premio de Poesía Escolar Rosalía de Castro e o trío Puntada sen Fío interpretará 'Música para Rosalía'.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS