Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 19.07.2019 Actualizado 12:36
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

este mércores

Galaxia publica en galego o último libro de Paul Auster antes de que saia en inglés

SANTIAGO. EP  | 30.01.2012 
A- A+

Paul Auster

A Editorial Galaxia publicará en galego o próximo mércores --1 de febreiro-- o último libro do escritor estadounidense Paul Auster, 'Diario de inverno'.

Desta forma, a súa última obra sairá á luz en galego ao mesmo tempo que en castelán --á vez que sairá a edición dixital--, e farao antes de que sexa publicada en inglés.

Segundo explica Galaxia, a novela do autor da 'triloxía de Nova York', encaixa á perfección no que a crítica denomina "autoficción", de forma que o autor se converte a si mesmo en personaxe da obra, como fixo con anterioridade noutros traballos.

Así, Auster comeza o libro con 64 anos, coa vivencia do que chama "o inverno da vida", a partir de aí o xogo da memoria tece unha narración en segunda persoa, no que rememora o divorcio da súa nai ou as manifestacións contra a Guerra de Vietnam.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS