Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 21.20

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

Galicia Bilingüe trasladará ao novo responsable de Política Lingüística supostas "irregularidades" da Xunta

07.02.2012 

1.0/5 [7 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

SANTIAGO. EP

A asociación Galicia Bilingüe solicitou unha audiencia ao novo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, para trasladar as "irregularidades" e "incumprimentos" que, segundo esta asociación, se están a producir por parte de todas as consellerías da Xunta ao "non respectar o dereito dos cidadáns a ser atendidos e a recibir información en ambas as dúas linguas".

Segundo esta asociación pro libre elección de lingua, a Consellería de Educción "é a que incumpre de forma máis grave a lexislación", polo que acudirá a esa reunión "cunha batería de incumprimentos".

Ao respecto, asegura que hai "multitude de queixas de pais, principalmente con fillos no ensino público", e que se refiren a que "en numerosos colexios e institutos as materias troncais son impartidas só en galego como na época do bipartito".

Galicia Bilingüe asegura que algúns pais protestaron nos colexios, se ben a "inmensa maioría foi disuadida de plasmar a súa queixa por escrito".

Por iso, esta asociación anunciou que reclamará a ao secretario xeral de Política Lingüística que "inste á inspección educativa a que cumpra co seu labor para que non teñan que ser os pais os que se vexan obrigados a pasar por situacións incómodas".

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS