Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 20.09.2019 Actualizado 20:16
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Galicia é a comunidade que paga aos seus provedores en menos tempo

SANTIAGO. EP  | 10.09.2019 
A- A+

O período medio de pago a provedores no primeiro semestre en Galicia é de 13,8 días no primeiro semestre, o menor prazo entre as comunidades, segundo os datos que publica este martes o Ministerio de Hacienda.

Nun comunicado, a Xunta destaca que Galicia é a autonomía que "mellor paga as súas facturas" ao reducir o seu período medio de pago até o máis baixo de toda España.

A media galega é de 22 días menos que a de comunidades, situada en 36,2 días. A normativa estatal establece que non deben superarse os 30 días.

Valencia é a comunidade na que máis se tarda en pagar aos seus provedores (53,1 días), seguida de Murcia (51,2 días). No outro extremo, despois de Galicia, a de menor tempo en pagar é Canarias (15,3 días).

Así mesmo, a Consellería de Facenda sinala que, ao peche do primeiro semestre, o cociente de débeda/PIB de Galicia situouse no 0,11%, "a máis baixa de toda España e inferior á media autonómica", que foi do 0,39%. Ao peche do primeiro semestre, a débeda comercial do conxunto nas comunidades era de 4.898,5 millóns, dos que 70,3 millóns corresponden a Galicia --o 1,4% do total--.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS