Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Luns 01.09.2014  | Actualizado 21.23

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Galicia di que se non van "distorsionar" as rendas familiares

Segue comprometida co non co pagamento en atención // Mosquera defende que a Comunidade galega está "saneada" no ámbito sanitario pola súa estratexia de xestión dende 2009

MADRID. EP  | 19.04.2012 
A- A+

A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, asegurou que a aplicación do copagamento farmacéutico en función da renda non vai distorsionar as rendas familiares e comentou que, antes de facer unha valoración sobre o aforro que pode supoñer a cada comunidade, é necesario realizar antes uns cálculos poboacionais.
 Díxoo despois da reunión do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde (CISNS), no que se acordou un aumento do copagamento de medicamentos para as persoas en activo e un cobramento para os pensionistas. Tras el, Galicia defende a situación saneada das súas contas e mantén o seu compromiso de non incorporar o copagamento nas prestacións asistenciais.
 Rocío Mosquera insistiu na necesidade de "evitar a aplicación dun copagamento por prestacións asistenciais", como é o firme compromiso da Xunta, co fin de manter unha achega "máis equitativa" e que "ningún paciente teña que pagar por ser atendido".
 Ademais, a conselleira remarcou que Galicia "se atopa nunha situación financeira saneada", grazas á súa estratexia de xestión "responsable e eficiente", que puxo en marcha en 2009, na que as medidas adoptadas se mostraron "ferramentas garantistas do sistema sanitario público".
 A esta respecto, a consellería destaca, entre outras iniciativas, a creación dunha plataforma loxística, o plan de eficiencia enerxética, o plan de control de incapacidades temporais, o plan de seguimento de polimedicados, o plan contra a fraude no uso de servizos sanitarios, a revisión de contratos e concertos e o impulso de compras centralizadas. 

SOLVENCIA FINANCEIRA
 Galicia mantén "unha sólida solvencia financeira", o que a sitúa como unha das comunidades autónomas que "mellor paga aos seus provedores", sinala, así mesmo, a consellería.
 Mosquera afirma que dado que a posición de Galicia "é favorable para garantir a sostenibilidad do sistema sanitario público, a carteira de servizos básicos e a calidade asistencial, seguirá traballado na liña marcada pola xestión sanitaria que a Xunta vén aplicando estes anos para dar cobertura ás necesidades específicas da comunidade".  MOMENTO DELICADO
 Tras a reunión, a responsable da Administración sanitaria galega afirmou que a Xunta entende que é un momento "delicado" para a economía española e, polo tanto, comparte a "preocupación e o compromiso" do Ministerio de Sanidade coa necesidade de garantir a sostenibilidade do sistema.
 Así, a conselleira de Sanidade destacou que as medidas formuladas no CISNS organízase en torno a "grandes liñas como manter unha carteira básica de servizos que asegure que todos os españois teñen acceso ás mesmas prestacións sanitarias, independentemente de onde vivan".    

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS