Hemeroteca web | RSS  RSS     Domingo 26.04.2020 Actualizado 00:00
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

EMERXENCIA SANITARIA

Galicia pecha bares, restaurantes e cafetarías

Poden traballar os de envío a domicilio e a recollida en local

SANTIAGO. EP  | 13.03.2020 
A- A+

A Xunta de Galicia decidiu que deben permanecer pechados ao público, desde esta medianoite e durante os próximos 14 días, bares, restaurantes e cafetarías debido á situación actual de propagación do coronavirus, aínda que poderán seguir prestando servizos de envío a domicilio ou recollida en local.

Nunha comparecencia tras presidir unha reunión extraordinaria do Consello da Xunta, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, informou de que o Goberno galego declarou a situación de emerxencia sanitaria en Galicia, polo que se procede ao peche de bares, restaurantes e cafetarías.

Nos casos dos servizos de recollida de produtos nestes locais, Feijóo explicou que debe manterse unha distancia de seguridade para evitar contaxios e que a permanencia no establecemento debe ser "a estritamente necesaria".

Non están afectados por esta medida os servizos de restauración dos hoteis, sempre que só sirvan para clientes, e os establecementos de instalacións de servizos públicos.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS