Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 19.01.2018 Actualizado 20:38
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Galicia perde 10.186 habitantes en 2016 e queda ao bordo de baixar dos 2,7 millóns

Vigo, A Coruña, Santiago e Pontevedra gañan poboación, mentres Ourense, Lugo e Ferrol pérdena

SANTIAGO. EP  | 29.12.2017 
A- A+

Galicia perdeu ao longo de 2016 un total de 10.186 habitantes (-0,37%) e quedou en 2.708.339, segundo o padrón municipal a 1 de xaneiro de 2017, que publica este venres o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Así, a Comunidade galega queda ao bordo de baixar dos 2,7 millóns de habitantes. Esta é a cifra máis baixa da serie histórica do INE, que se remonta a 1996. Estas 2.708.339 persoas distribúense entre 1.304.392 homes e 1.403.947 mulleres.

Todas as provincias perden poboación en 2016. A Coruña é a máis poboada, con 1.120.294 persoas, cun descenso de 2.505 en 2016 (-0,22%). Séguelle Pontevedra, con 942.731, e unha baixada de 1.615 (-0,17%).

En Lugo, a poboación queda en 333.634, con 2.893 persoas menos (-0,86%). Pola súa banda, en Ourense hai unha diminución a 311.680, son 3.173 menos (-1,01%).

Entre o sete cidades, Vigo gaña habitantes a 1 de xaneiro de 2017 até 292.986 (eran 292.817 un ano antes). A poboación tamén sobe en: A Coruña até 244.099 persoas (eran 243.978 un ano antes), Santiago até 96.456 (eran 95.966) e Pontevedra até 82.671 (eran 82.549).

En cambio, baixa a poboación en: Ourense até 105.636 (eran 105.893 un ano antes), en Lugo até 97.995 (eran 98.268) e Ferrol até 67.569 (eran 68.308).

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS