Hemeroteca web | RSS  RSS     Domingo 26.04.2020 Actualizado 00:00
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Galicia perde preto de 10.000 afiliados en marzo e queda ao bordo de baixar do millón

España perde case 900.000 ocupados desde o inicio do estado de alarma

SANTIAGO. EP  | 02.04.2020 
A- A+

Galicia perdeu case 10.000 afiliados en marzo en comparación con febreiro, até quedar cun total de 1.002.624, preto de baixar da barreira do millón, segundo datos do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.

Supón un retroceso do 1%, similar á baixada media en España do 1,2%. En comparación con marzo de 2019 son 1.781 afiliados menos, o que se traduce nun descenso do 0,18%.

Non se producía unha caída intermensual de cotizantes en Galicia nun mes de marzo desde o ano 2012, polo que rompe con sete anos consecutivos de ascensos.

Por provincias, Pontevedra perde 4.352 afiliados respecto de febreiro, un 1,23% menos. Mentres, a baixada na Coruña é 3.904 (-0,90%); seguida de Ourense (868 menos, -0,85%) e Lugo (606 menos, -0,50%).

Na distribución por réximes, Galicia contabiliza 773.036 afiliados no xeneral. Mentres tanto, hai 210.297 autónomos e 21.072 no do mar.

DATOS ESTATAIS
A Seguridade Social pechou o mes de marzo cun descenso de 833.979 afiliados en España, o seu maior recorte da historia, até situarse o número total de ocupados en 18.445.436, segundo datos do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións publicados este xoves.

Este é o dato co pechou o sistema a último día de mes e o que mellor reflicte o impacto da pandemia do coronavirus na afiliación, segundo sinala o propio Ministerio.

Habitualmente, a Seguridade Social ofrece os datos de afiliados medios ao entender que son os que mellor mostran a evolución da ocupación no mes. Pero, neste caso, entende que a cifra máis fiable e a mellor maneira de ver o impacto da crise sanitaria na afiliación é o dato de último día de mes: 833.979 afiliados menos que a peche de febreiro.

Na serie histórica non se rexistrou nunca unha caída tan acusada da afiliación a último día de mes como a de marzo. A seguinte en importancia data de decembro de 2008, cando os ocupados baixaron en case 354.000 afiliados.

CASE 900.000 OCUPADOS MENOS DESDE O ESTADO DE ALARMA
O Departamento que dirixe José Luís Escrivá precisa que o mes de marzo arrincou ben: até o 11 de marzo a afiliación subiu en case 65.000 ocupados, pero a partir de entón, case coincidindo coa declaración do estado de alarma, esborrállase. Así, entre o 12 e o 31 de marzo pérdense case 899.000 afiliados, dos que 855.081 pertencían ao Réxime Xeral (-5,6%) e 40.877 ao de Autónomos (-1,25%).

Os sectores que máis afiliados perderon en valores relativos desde o 12 de marzo foron a construción (-17,08%), a hostalaría (-14,27%), as actividades administrativas e servizos auxiliares (8,91%), educación (-5,24%) e transporte e almacenamento (-4,76%). Por contra, as actividades sanitarias gañaron 7.085 afiliados entre o 12 e o 31 de marzo.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS