Hemeroteca web | RSS  RSS     Martes 20.08.2019 Actualizado 12:41
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

BALANCE

Galicia recibe 70.000 visitas no seu "stand" da feira Fitur

Éxito da nova marca publicitaria

E.P.   | 24.01.2011 
A- A+

A caseta institucional de Galicia na Feira Internacional de Turismo de Madrid (Fitur), recibiu 70.000 persoas -entre público e profesionais do sector- durante os cinco días que durou a feira, entre o 19 e 23 de xaneiro. Este ano, o stand centrouse en difundir a primeira marca de turismo galego "Galicia, gárdasme ou segredo?", a Cidade da Cultura, aberta ao público en 2011, e o 800 aniversario da Catedral de Compostela, que se produce este ano. O posto, instalado pola Xunta de Galicia, serviu para mostrar os valores e produtos galegos con valor turístico, tanto entre o sector empresarial como entre o público en xeral.

Con este propósito realizáronse tres actividades audiviosuais interactivas que lles permitiron aos visitantes acceder virtualmente á Cidade da Cultura e á Catedral de Santiago e simular actividades como capturar percebes na costa galega ou escalar os canóns do río Sil. Así mesmo, nos mostradores do stand repartíronse 150.000 folletos de promoción turística na comunidade, así como outros tipos de material publicitario. Os folletos foron proporcionados tanto por Turgalicia, o servizo de información turística da Xunta, como por algún dos 16 concellos, deputacións e asociacións de promoción turística que participaron no evento.

 

Máis de 30.000 seguidores na páxina web

Nesta edición de Fitur, Cultura e Turismo instalou unha web a través da cal foi posible seguir todas as actividades que se levaron a cabo no stand, así como descargar contidos acerca do turismo en Galicia. Segundo datos proporcionados pola Xunta, a web recibiu máis de 30.000 visitantes durante os cinco días que durou a feira, e converteuse nunha "ferramenta fundamental" para fomentar a participación galega.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS