Hemeroteca web | RSS  RSS     Domingo 26.04.2020 Actualizado 00:00
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Galicia rexistra 21 mortes dentro de residencias de maiores desde o inicio da pandemia

SANTIAGO. EP  | 02.04.2020 
A- A+

O número de vítimas mortais con coronavirus que faleceron nas instalacións das residencias de maiores é de 21 persoas desde que a pandemia empezou a afectar á Comunidade galega. A Consellería de Política Social confirmou a Europa Press que 21 persoas que residían nestes centros e padecían coronavirus morreron dentro destas residencias, un dato que as cifras oficiais do Sergas non computan.

O Servizo Galego de Saúde rexistra a morte de todas as persoas diagnosticadas de COVID-19 que falecen nos hospitais galegos, pero non as que se producen nas residencias de maiores, que este xoves contan con 427 usuarios afectados.

Os datos facilitados polo Sergas contabilizan, até a data, 130 mortes en centros hospitalarios. Pola súa banda, fontes de Política Social elevan a 21 as persoas que faleceron nas dependencias residenciais, tres delas nas últimas 24 horas.

Por centros, o DomusVi Cangas rexistrou cinco mortes nas súas dependencias até a data (+1); Nuestra Señora de La Esperanza, tres (+1); DomusVi Barreiro, dous (+1); El Portazgo, catro; DomusVi San Lázaro, catro; Fogar Bellolar, unha; Castro Caldelas, unha e Divino Maestro, unha.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS