Hemeroteca web | RSS  RSS     Martes 25.09.2018 Actualizado 20:39
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Galicia rexistrou 6.436 denuncias por violencia de xénero en 2017, un 13,3% máis que o ano anterior

A taxa de vítimas sitúase en 42,7 por 10.000 mulleres na Comunidade galega

SANTIAGO. EP  | 12.03.2018 
A- A+

Os xulgados galegos recibiron o ano pasado 6.436 denuncias por violencia de xénero, o que supón un 13,3 por cieno máis con respecto ao ano anterior, cando se presentaron 5.683.

Segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), a maior parte dos casos (4.475) chegaron aos xulgados a través de atestados policiais con denuncia da vítima.

Os datos estatísticos feitos públicos este luns polo Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero reflicten que en Galicia se rexistraron 6.001 mulleres vítimas de violencia de xénero nas denuncias recibidas en 2017.

Ao longo do ano pasado, 402 vítimas acolléronse a dispensa da obrigación legal de declarar, o que supón un 6,7% das mulleres. En 2016 optaron por este dereito as prexudicadas en 314 casos, un 28 por cento menos que o ano pasado.

Galicia segue como unha das comunidades cunha taxa de violencia de xénero (vítimas por cada 10.000 mulleres) máis baixa do Estado, con 42,74 persoas, fronte ás 66,65 do conxunto do Estado.

Ademais, o TSXG apuna que o número de ordes e medidas de protección solicitadas en 2017 nos xulgados galegos foi de 1.928, o que implica un 13,9 por cento máis que o ano anterior, das que se adoptaron 1.284.

TOTAL ESPAÑA
En total, os xulgados españois recibiron 166.620 denuncias por violencia de xénero en 2017, o que supón un incremento do 16,4 por cento con respecto a 2016, segundo os datos facilitados este luns polo Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero do Consejo General del Poder Judicial.

Neste exercicio, a cifra de denuncias presentadas convértese na máis alta desde que se contabilizan estes datos, superando a cifra de denuncias en 2008 e en 2016, anos nos que se produciron máis de 142.000 denuncias.

Para a presidenta do Observatorio, Ángeles Carmona, estes datos indican "de maneira fehaciente, un importante aumento de denuncias presentadas nos órganos xudiciais". Ao seu xuízo, "é positivo que afloren todas as condutas violentas cara á muller e cara aos menores", aínda que cre que son "cifras inasumibles, impropias dunha sociedade madura e civilizada".

No mesmo período de tempo, baixaron os casos de vítimas de violencia de xénero que se acolleron a dispensa da obrigación legal de declarar, até os 16.464 casos, o que supón unha porcentaxe dun 10,4 por cento en relación co total de mulleres vítimas de violencia de xénero, cifra inferior en case dous puntos á do ano anterior.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS