Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 21.20

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Galicia  |  RSS - Galicia RSS

TEMPO LIZGAIRO

Galicia tamén xoga ao pádel (I)

30.01.2012 

1.5/5 [2 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MANUEL VIDAL VILLAVERDE

O ‘pádel’, que como moitos de vostedes saberán de sobra, é un sucedáneo do tenis Deus ex machina, de Rafa Nadal. A derramada e patética ‘aristocracia’ última dunha Europa raptada polos corcosidos, fámulos, diversos, vulgares e mediocres, chegou (hai tempo) ao Estado español hexemónico as ‘marcas brancas’ ou xenéricas que agora os laboratorios introducen nas ‘modernísimas’ boticas españolas, entre as que se atopan, como non, as farmacias da negada nación galega. O non sei se ben ou mal chamado ‘pádel’ que digo, entrou en Al-Ándalus da ‘satinada’ man de Alfonso de Hohenloe, seica curmán de El-Rei de España proclamado no seu día polas Cortes franquistas, e tamén por outro celebrado tenista da España do ‘último cuplé’; ‘El relicario’: “Un día de San Eugenio/yendo hacia el prado le conoci/era el toreo de más tronío/y el más castizo de to Madrid’. O ‘anónimo urbano’ cambiou a segunda estrofa da canción, deixándoa así: ‘yendo hacia El Pardo le conocí’. É, cabo de todo, a exaltación ‘lexionaria’ da morte do toureiro na area do ‘coso’, para sinistra gloria da España aínda negra e patética, que contempla como unha recidiva esperpéntica do fascismo criminoso procesa a Baltasar Garzón nunha sala do Tribunal Supremo español. Os mortos aínda erguen/inzan nas gabias ou cunetas de Luís Pimentel. O xuíz Luciano Varela Castro, non se ten feito notar nos touros de agosto en Pontevedra, si o ex rexistrador de inútiles propiedades, e a ‘delicuescente’ femme en fleur Pilar Rojo, coa que teño compartillado unhas finas copas de ‘crianza’ cabo do Teatro Principal pontevedrés, outros días de viño e lirios silvestres que xamáis chegou a pintar Van Gogh.

A billarda, pateiro ou estornela, desapareceu dos xogos adolescentes e comunais da nación galega, como desapareceu o ‘pai-fillo-nai’, ou o ‘ovo-pico-araña’. A imposíbel, señardosa e inútil ‘revolución’ irmandiña quíxoa levar ao BNG o caro Xosé Manuel Beiras: ‘Encontro Irmandiño’. Aymerich, ‘toda a vontade da modernidade galega’, tamén levou ‘Máis Galiza’ á UPG, co meu amigo confuso Francisco Rodríguez Sánchez no camiño.

O tempo claro, e a mediocridade fachendosa, na súa obviedade nominal, manifestan vaguidades, obviedades, tautoloxías. O mariscal Pardo de Cela, soterrado nun socalco do vento no adro da catedral de Mondoñedo, amosou o seu rostro de aforcado polas tabernas empardecidas de Compostela, esoutra tarde de domingo e terror antigo.

Teresa Moure, nas urdimes do xénero, constrúe un relatorio de @s.

Outra vez a conxura da necidade estoura coma un big-bang.

Sectores do BNG, mesmo como do PP e PSOE, de legacións ou sucursais na nación galega que estes dous últimos negan, xogan, evidentes, ao pádel. O acelerador de partículas procura solemne e fútil o ángulo do inicio, esa hora extraviada que vaga fóra das esferas dos reloxios. ‘Tempo en desuso’ que proclamou a poeta Olga Patiño.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS