Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 13.12.2019 Actualizado 21:21
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Galicia terá en 2020 as maiores oposicións de educación da historia, con 3.654 prazas

SANTIAGO. EP  | 28.11.2019 
A- A+

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este xoves que Galicia terá o próximo ano as maiores oposicións de educación "da historia". En total, ofertaranse 3.654 prazas, 2.036 de novo acceso e as restantes, de promoción interna.

Trala reunión semanal do seu Goberno, Feijóo remarcou que se trata dunha "convocatoria histórica", que supera "nun 17 por cento" á maior OPE convocada ata o momento, a de 2017.

Así mesmo, explicou que se tentará aprobar no último trimestre do ano e non no arranque de 2020 co fin de aproveitar "a certeza" que permiten os orzamentos estatais de 2017 no que respecta á regulación destes procesos e ás taxas de reposición.

"Non sabemos que ocorrerá en 2020 e cal vai ser a posibilidade das administracións públicas porque aquí ninguén garante nada", advertiu, en referencia ás incertezas do escenario político estatal, pendente das negociacións para a conformación dun novo Goberno.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS