Hemeroteca web | RSS  RSS     Luns 21.08.2017 Actualizado 18:56
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Galicia  |   RSS - Galicia RSS

Gandeiros galegos lanzan este martes a marca 'Muuu' por toda España

Este leite comercializarase inicialmente nos establecementos Carrefour

SANTIAGO. EP  | 18.04.2017 
A- A+

A sociedade de gandeiros galegos que envasa Deleite, Leite Noso, lanzou este martes a marca 'Muuu' para toda España. Este leite comercializarase inicialmente nos establecementos Carrefour, coa que a entidade chegou a un acordo estratéxico para o lanzamento do produto.

Nun comunicado, a sociedade destacou que hai xa 11 meses que os produtores de Leite Noso lograron a volta da marca Deleite aos lineais de dous supermercados galegos.

Segundo indicou, tratouse dunha iniciativa pioneira xa que era a primeira vez que os gandeiros se unían para comercializar de forma directa a súa produción, sen intermediación algunha.

Leite Noso sinalou que o éxito da aposta consolídase agora coa saída de 'Muuu' para o mercado español.

Ademais, indicou que o prezo do leite percibido polas granxas provedoras de Leite Noso sitúase desde un inicio no tramo alto dos prezos que hai no campo e que se compromete á recollida do 100% da produción das granxas, sen ampliar fórmulas de desconto para parte das entregas en función dos prezos dos produtos lácteos industriais.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS